A Xunta convoca as axudas do programa Innoempresa por máis de tres millóns de euros

A Consellería de Economía e Industria prevé a mobilización de sete millóns de euros no impulso á innovación nas pequenas e medianas empresas galegas mediante o programa Innoempresa, que ten por obxectivo facilitar o financiamento de proxectos empresariais orientados á mellora da competitividade a través do incremento da capacidade innovadora das pemes.

n
n

nA través deste programa, cuxa convocatoria se publicou o 6 de xuño no Diario Oficial de Galicia, destinaranse máis de 3 millóns de euros a facilitar a mellora dos procesos e produtos das pemes galegas, así como á incorporación doutros cambios e melloras, con apoios que poden chegar ata o 50% do investimento subvencionable.
n
nEstas axudas concédense en concorrencia competitiva, primando os proxectos de cooperación e aqueles que se comprometan á creación de emprego, especialmente nos colectivos de máis difícil acceso ao mercado laboral. Tamén se valoran de xeito especial os proxectos de empresas localizadas nas provincias de Lugo e Ourense e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte, que teñen maiores posibilidades de acceder aos apoios e que conseguirán maior intensidade nas axudas resultantes, ao amparo dos respectivos plans Impulsa.
n
nO programa Innoempresa, cuxo prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 8 de xullo, desenvólvese a través de tres liñas básicas de actuación: innovación organizativa e xestión avanzada; innovación tecnolóxica e calidade; e proxectos de innovación en colaboración. Estes proxectos de innovación en colaboración gozan de prioridade fronte aos proxectos individuais das pemes e conseguen as máximas intensidades de axuda do programa, que na anterior convocatoria mobilizou 6,5 millóns de euros en máis de 180 proxectos dos cales se beneficiaron 266 pemes galegas.
n
nAs tres liñas do Innoempresa, impulsado polo Igape e que por primeira vez se poñen en marcha en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, están baseadas na utilización de instrumentos e procedementos de xestión xa contrastados para impulsar a promoción da competitividade das pemes mediante a innovación.
n
n(Fonte: IGAPE)
n

n