A Xunta avanza nas obras do enlace do polígono de San Cibrao

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, dirixida por Ethel Vázquez, difundiu unhas fotografías que amosan o avance das obras do novo enlace do polígono industrial de San Cibrao das Viñas á A-52. Os traballos están a executarse neste momento no ramal cortado da autovía.
 
Pese ao parón que supuxo a crise do coronavirus, a Xunta prevé ter completamente rematado este viario este mesmo verán, tal como estaba previsto inicialmente. Esta actuación foi licitada por un prezo de 21 millóns de euros.
 
Fonte: La Voz de Galicia