A Xunta apura a empresas e centros de I+D para non perder 200 millóns da UE

n

n

A UE concedeu a Galicia, como rexión obxectivo un e pola necesidade de converxer nos seus indicadores de I+D, 360 millóns de euros do seu fondo tecnolóxico para que empresas e entidades públicas da comunidade autónoma os empregasen en innovar entre 2007 e 2013.

n

n

n

 

n

n

n

A dificultade na tramitación a requirir a unión de varias compañías e organismos en cada proxecto, as mudanzas ministeriais e na administración autonómica debido aos cambios de gobernos e, segundo o actual Executivo galego, a demora na activación deste fondo na súa primeira etapa (xestionado polo bipartito) atrasaron a execución destas subvencións públicas para grandes proxectos de innovación.

n

 

n

No último ano (2011) a Consellería de Economía moveu 120 millóns de euros do capital público ata ese momento parado, concedidos a case 400 empresas galegas, ás tres universidades e a varios proxectos da Consellería de Sanidade.

n

 

n

Con este impulso, a execución do fondo hoxe en día aproxímase ao 50% do total, non obstante, a Xunta aínda conta con 200 millóns de euros para gastar no que queda de 2012 e 2013. Economía apura prazos e contactos co sector empresarial para comprometer a totalidade do fondo porque, de non ser así, ese diñeiro público perderíase.

n

 

n

Nunha etapa de crise como a actual, con duros recortes de presuposto para investigación e innovación dende Santiago e Madrid, a administración dispón dunha bolsa de diñeiro comunitario que, por distintos motivos que se retrotraen xa á anterior lexislatura, está a custar conceder. Foi o propio conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, quen alertou en abril de 2011 de que Galicia só aproveitara ata a data o 10% dos 360 millóns do Fondo Tecnolóxico adxudicado por Bruxelas á comunidade galega que, xunto a Andalucía, Castela-A Mancha e Estremadura, foron as que maior partidas recibiron para convenxer en I+D.

n

 

n

Trabas burocráticas

n

 

n

Noutras palabras, en catro anos só gastaran uns 40 millóns, quedando 320 aínda dispoñibles para proxectos innovadores. Guerra achacouno á "complexidade operativa e burocrática" para optar a estas subvencións, orientadas a financiar proxectos de maior dimensión (entre 1,5 e 2 millóns de euros por iniciativa subvencionada), coa participación de varias empresas.

n

 

n

Ademais, o propio consorcio debe achegar o 30% do custo do proxecto, porque a máxima subvención de cada plan innovador alcanza o 70%.

n

Por todo iso e para evitar a fuga dun capital público máis prezado que nunca na actual situación de falta de recursos xeneralizada, o conselleiro propúxose "incentivar a consultoras e centros tecnolóxicos para actuar como asesores das empresas que queren innovar". ¿O reto? "Atallar o baixo nivel de execución do Fondo Tecnolóxico".

n

 

n

Con este empuxón, nun ano ese 10% de execución converteuse en case un 50%, segundo explican fontes da Dirección de I+D da Consellería de Economía e Industria.

n

 

n

Na parte privada da convocatoria foi o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) o organismo encargado de supervisar as iniciativas empresariais. Mediante a convocatoria Interconnecta, a Xunta concedeu 60 millóns en proxectos de I+D a case 400 empresas galegas (o 70% pemes e o outro 30% medianas e grandes compañías da comunidade).

n

 

n

Non se trata de subvencións individualizadas, senón a consorcios de tres empresas cun proxecto común. Sumaron en total uns 90 proxectos subvencionados e participan neles non só as empresas senón tamén os centros tecnolóxicos, cunhas 200 presenzas, por dicilo dalgún modo. Falamos da participación directa nos proxectos, en conexión directa coas empresas, de Aimen, o CTAG, Anfaco, Cetmar ou Gradiant, por poñer un exemplo. Tamén a Universidade de Vigo entendeu moi ben o concepto da interconexión e está presente en varias iniciativas. ¿As empresas? Dende biotecnoloxía, ata TIC, automoción ou pesca, segundo fontes do departamento que dirixe Javier Guerra.

n

 

n

Proxectos sanitarios

n

 

n

Na parte pública, Economía comprometeu nun ano aproximadamente uns 60 millóns, "principalmente entre as universidades galegas e dous proxectos de gran proxección da Consellería de Sanidade: Innovasaúde e Hospital 2050", todos eles co visto e prace do Goberno central. "Estamos a axilizar a tramitación e intentando vincular as empresas. Somos optimistas e confiamos en executar todo o fondo", segundo a consellería.

n

 

n

(Fonte: Faro de Vigo)

n

n

n

 

n