Sanidade e Medio Rural aliáronse para reducir o impacto da pegada de carbono na construción dos centros de saúde e apostaron pola madeira como solución construtiva. Por iso ambos os departamentos asinaron un convenio a través da Axencia Galega da Industria Forestal e o Sergas para «crear contornas que favorezan a sensación de benestar nos centros sanitarios e impulsar o uso de materias de orixe biolóxica e que se poidan reciclar nas obras públicas».
O traballo xa empezou e o centro de saúde do Porriño, xunto coas reformas dos de Moaña, Antas de Ulla, Abegondo e o Novoa Santos en Ourense xa seguen esta política de sustentabilidade.
O asesoramento do CIS-Madeira, que pertence á Axencia Galega da Industria Forestal, xoga un papel fundamental, xa que os técnicos participan «dende o inicio da licitación destas obras ata a súa execución, dando o apoio necesario que sexa demandado polo Sergas».
Fonte: La Voz de Galicia