A Consellería de Economía e Industria está a achegar ás empresas galegas a través da Biblioteca da Innovación de Galicia recursos formativos destinados a facilitar a incorporación da innovación á xestión dos seus negocios. Ata o momento xa se levan realizado preto de 5.000 descargas dos 25 textos que integran a colección, o que deixa constancia da boa acollida que está a ter este instrumento habilitado polo Igape entre as pequenas e medianas empresas.
n
n
n
As empresas galegas interesadas poden acceder a esta colección dixital a través da páxina web http://aprendeainnovar.igape.es, onde se ofrecen de xeito gratuíto os títulos dispoñibles en galego e castelán, tanto para Ipad ou libro electrónico como en pdf. A Biblioteca da Innovación de Galicia é unha ferramenta on line que ten por obxectivo contribuír á difusión de ideas innovadoras para facilitar, deste xeito, a mellora competitiva das empresas.
n
n
Grazas á colaboración coa editorial galega Netbiblo, esta Biblioteca de Innovación de Galicia pon a disposición dos empresarios e emprendedores que se rexistren na citada web do Igape, grazas á colaboración coa editorial galega Netbiblo, unha colección de textos nos que se abordan catro temáticas interrelacionadas: a xestión da innovación, a incorporación da tecnoloxía, o financiamento dos proxectos innovadores ou o capital humano e a creatividade.
n
n
Para facilitar melloras na xestión da innovación, están dispoñibles títulos como “Os Clusters”, centrado na cooperación empresarial como factor clave de mellora competitiva; ou “O ABC da innovación”. Entre os estudos que abordan o ámbito da tecnoloxía están “Biotecnoloxía”, centrado nun dos sectores punteiros da innovación ou Provedores de coñecemento, así como “Web 2.0”.
n
n
No eido do financiamento, na biblioteca inclúense publicacións como “Business Angels”; “I+D+i en Europa”, que achega unha introdución ao VII Programa Marco da UE; ou “Start-ups”. No que respecta aos eidos do capital humano e a creatividade atópanse publicacións como “Faino distinto”, ou “As 3R do seu negocio”, con conceptos, ferramentas e casos de referencia que poden axudar a repensar, redeseñar e reemprender nun negocio.
n
n
Os novos títulos incluídos nesta colección dixital son “Liderado e innovación 2.0”, sobre as novas ferramentas da innovación; “I-Economía”, sobre a influencia de internet e a dixitalización na proposta de valor das empresas; Innovación sistemática, que pretende aprender a innovar de forma continuada; “A web semántica”, centrado no aproveitamento automático da información publicada en internet; “Eco-Innovación”, sobre a contribución da innovación ao desenvolvemento sustentable; e “A internet dos obxectos”, que aborda os cambios e novas oportunidades de negocio asociados á conectividade dos obxectos de uso cotián; ou “A dirección por implicación na práctica”.
n
n
Xunto coa internacionalización, a mellora da competitividade mediante a incorporación da innovación aos procesos e produtos constitúe un dos eixos estratéxicos de actuación que impulsa a Consellería de Economía e Industria a través do Igape. A Biblioteca de Innovación de Galicia é un novo servizo gratuíto para facilitar os avances das empresas galegas neste eido.
n
n
(Fonte: Consellería de Economía e Industria)
n