Esta sería a única enxeñería en aeronáutica de Galicia e a súa implantación en firme, “permitirá converter o revés que supuxo a supresión de Enxeñería Física en Ourense, nunha oportunidade” sinalou Mato, pois serían recolocados practicamente todos os profesores e nun apartado fundamental, o que achegaría a implantación desta titulación ao campo do I+D, peza fundamental do proxecto.
A elección da provincia non é casual, pois trátase dun mercado pensado para a formación de enxeñeiros especializados para un sector como o de compoñentes da aeronáutica, que ten tres firmas fundamentais só no Parque Tecnolóxico de Galicia, que son coasa S.A. pertencente ao grupo Aernnova, líder na empresa líder no deseño e fabricación de aeroestruturas, como alas, estabilizadores e fuselaxe entre outros e con delegacións en oito países do mundo; Hispamoldes, que optou hai tres anos por reciclar a súa produción e se uniu a un grupo de dez empresas galegas para fabricar este tipo de pezas para firmas aeronáuticas; e Laddesworks, situada tamén na Tecnópole.
(Fonte: Faro de Vigo)