A Universidade de Vigo lanzará o seu satélite contraincendios no 2018

Galicia é, xunto con Portugal, a zona de Europa máis castigada polos incendios. Quizais por iso aspira tamén a contar coas máis avanzadas armas tecnolóxicas para combatelos. A Universidade de Vigo lidera un proxecto no que participan investigadores lusos e franceses que se palpará no 2018. É o lanzamento dun satélite para combater lácraa dos lumes forestais.

A iniciativa europea servirá para a detección remota, mapeado, predición e prevención de incendios mediante o uso de sensores de infravermellos, un picosatélite e unha frota de vehículos non tripulados. Este proxecto, denominado Fire-RS, conta con colaboración de Universidade de Oporto e de Laboratorio de Análise e Arquitectura de sistemas de Toulouse (Francia), que pertence ao Centre National de la Recherche Scientífique, e ten un presuposto total de case dous millóns de euros.

Vigo está a deseñar o satélite CubeSat que se denominará Lume 1. Oporto encárgase dos drons e Toulouse, do software que avaliará todos os datos para saber como vai evolucionar o incendio en función do vento, a temperatura e outros factores atmosféricos.

A universidade galega é a que engarza todo o proxecto tecnoloxicamente e a que levará a cabo a súa demostración na práctica. É a primeira vez que se desenvolve un sistema tan completo para previr e combater os lumes forestais.

O invento permite monitorizar o chan e descubrir polo miúdo a situación de falta de humidade e de calor mediante sensores con raios infravermellos. Tras detectar o lume, os datos que se obteñen sobre o terreo son enviados ao satélite que dá as ordes a unha frota de drons para que confirmen a alarma e o lugar exacto de localización e así avisar ás autoridades para actuar coa maior información dispoñible e precisa.

Mentres tanto, vaise monitorizando tanto o lume como a área queimada. Esta fase é importante para evitar reactivacións de focos que parecían extinguidos. O centro de proceso de datos vai transmitindo información aos drons para que o plan de voo sexa os máis eficiente posible.

O científico Fernando Aguado, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo, advirte que o sistema é unha ferramenta eficaz que pode previr e axudar a combater a loita contra os incendios, pero que “non constitúe unha panacea”. Sinala que a tecnoloxía “non é algo máxico” pero si permitirá coñecer aos centros de coordinación e aos diferentes medios que interveñen que zonas de lume hai que priorizar e qué características presenta cada unha delas.

“Eu non son experto en lume, hai outras persoas que saben máis, pero si podemos dispoñer duns instrumentos para loitar contra eles”, di Aguado que é un dos quince científicos e enxeñeiros galegos que intervén no proxecto, no que participan tamén entre outros Pablo Yáñez, Miguel Castro ou Franco Pérez.

(Fonte: La Voz de Galicia)