A Universidade de Vigo lanza a convocatoria para a asignación de espazos na preincubadora de Tecnópole

A Universidade de Vigo acaba de lanzar a convocatoria para a asignación de espazos na preincubadora de empresas de base tecnolóxica de Tecnópole, un espazo habilitado grazas á colaboración de ambas as dúas entidades e destinado ao desenvolvemento de iniciativas de base científico-tecnolóxica por parte da comunidade universitaria.

n
n

nOs emprendedores, de xeito individual ou en grupos de ata catro, deben poñer unha idea con perspectivas de viabilidade enriba da mesa para optar a un espazo individual con acceso gratuíto ás infraestruturas e servizos avanzados que se prestan dende o Parque.
n
nUnha comisión formada por representantes de Tecnópole, da Universidade de Vigo, da Cámara de Comercio e Industria de Ourense e da Confederación de Empresarios de Ourense analizará os méritos do proxecto en función de criterios que van dende o carácter innovador do proxecto e o seu nivel de desenvolvemento e viabilidade ata o seu potencial internacional, pasando pola empregabilidade, a sustentabilidade e o nivel de implicación real dos emprendedores, entre outros.
n
nO prazo para presentar proxectos empresariais estará aberto ata o 29 de xuño.
n
nEspazo e asesoramento
n
nOs catro proxectos empresariais que sexan seleccionados para dar os seus primeiros pasos na preincubadora contarán con espazo e servizos de comunicacións gratuítos e asesoramento técnico especializado durante un período de seis meses prorrogable a un ano.
n
nA área específica habilitada nas instalacións de Tecnópole para dar soporte a este tipo de iniciativas empresariais non só está pensada para proporcionar facilidades derivadas de instalacións físicas, senón que se proporciona aos seus promotores un programa de desenvolvemento de habilidades e ferramentas para conseguir o éxito no seu proxecto empresarial.
n
nAdemais, os emprendedores seleccionados terán acceso gratuíto ás accións de formación da Cámara de Comercio e da Confederación de Empresarios.
n
n(Fonte: Tecnópole e UVIGO)

n