A Universidade de Vigo inaugura en Ourense o seu Curso de Competencias Horizontais

n

n

O próximo venres 13 a Universidade de Vigo celebrará no Campus de Ourense a apertura oficial do seu Curso de Competencias Horizontais. O acto terá lugar ás 11 horas na sala multiúsos Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro e contará coa presenza do reitor, Salustiano Mato; da vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras; e do presidente do consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa.

n

n

n

 

n

n

n

O obxectivo desta iniciativa é formar os participantes en habilidades que é preciso saber manexar para atopar un traballo e conseguir o éxito profesional e persoal, como son a intelixencia emocional, a motivación, a capacidade de comunicar e o liderado.

n

 

n

A lección inaugural, 'O sentido do traballo', correrá a cargo de Santiago Vázquez, director de Persoas de R, e a mesa redonda 'Análise das competencias horizontais máis valoradas nos sectores produtivos galegos' contará coas intervencións de Carlos Pena, responsable de Recursos Humanos de Grupo Pérez Rumbao; María José Fernández, directora de Persoal de Grupo Cuevas; Carlos Suárez, director xerente e conselleiro delegado de EDISA, e Santiago Taunton, director de Recursos Humanos de Coren.

n

 

n

(Fonte: DUVI)

n

n

n

 

n