A Universidade de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo aproban crear a Fundación Centro de Innovación Aeroespacial

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou a creación da Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia, un ente con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar no que, ademais da institución académica e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, se incluirán como membros fundadores outros catro integrantes de carácter privado: Airbus, Delta Vigo, o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) e a Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica (Udega).

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, destacou que estarán adscritos a este centro todos os grupos de investigación de AtlanTIC e das escolas de Enxeñería Industrial e Minas e puxo en valor que a iniciativa vai abrir todo un espazo de oportunidades para o desenvolvemento dos nosos grupos de investigación do ámbito tecnolóxico en xeral e, máis concretamente, daqueles que están máis próximos a responder ás demandas que vaian facendo os socios empresariais”.

O Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia, que se situará nas instalacións de Zona Franca en Porto do Molle (Nigrán), nace, segundo expuxo Mato, apoiándose no “know-how e recursos humanos xa existentes na Universidade”, onde xa se lanzou con éxito un terceiro picosatélite, o último en colaboración con Axencia Espacial Brasileira.

(Fonte: Innovamás)