A Universidade de Vigo é a primeira de Galicia en ensaiar a tecnoloxía 5G no campus

Vigo converteuse na primeira universidade galega en probar as vantaxes da tecnoloxía 5G en ámbitos como a seguridade ou a xestión da mobilidade. Os test consistiron en medir o tráfico no campus e realizáronse entre a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e o centro de investigación atlanTTic. Participaron tamén Optar Solutions, Orange, Ericsson e Amtega. Forman parte do Plan Nacional 5G financiado por Rede.es.

O responsable técnico do proxecto, Rubén Pérez, explicou que as probas consistiron en utilizar unha antena 5G de Orange, colocada na Escola de Telecomunicación, e lograr a través desta que un vehículo accedese a unha zona valada só coa lectura da súa matrícula e, en remoto, obter autorización para entrar.

Nunha segunda proba, tentouse que, a través dunha cámara unha persoa puidese recibir autorización para entrar nunha zona limitada. No caso dun acceso non autorizado activaríase, en remoto, unha alarma e poríase en marcha un dron capaz de seguir os pasos desa persoa mediante unha aplicación autónoma remota sobre 5G. Usaron drons para facer voos de recoñecemento.

Fonte: La Voz de Galicia