A Universidade de CEAGA celebra en Tecnópole o seu programa de liderado de equipos Lean

A Universidade Corporativa do Cluster de Automoción de Galicia (UCC-CEAGA) imparte en Tecnópole unha nova edición do programa formativo “Team Leader Lean”. Este programa, iniciado o 30 de xaneiro e que se prolonga ata finais desta semana, pretende dotar os participantes das ferramentas e as habilidades necesarias para apoiar o despregue Lean nas súas empresas, mellorando o seu contorno e procesos de forma continua e reforzando o seu compromiso coa calidade e a seguridade.

Esta formación está dirixida tanto a potenciais líderes de equipo ou aos que xa contan con experiencia no posto e que coordinan a un grupo reducido de operarios.

(Fonte: Auto Revista)