A Comisión Europea destinará 300 millóns de euros durante cinco anos á plataforma 'Internet do Futuro', un programa destinado a apoiar a innovación tecnolóxica na UE e a desenvolver as conexións e os servizos a través de internet, segundo anunciou hoxe o Executivo comunitario.
n
n
n
O programa levarase a cabo en colaboración entre entidades públicas e privadas, e apoiará iniciativas en oito áreas prioritarias nos sectores de telefonía móbil, software e servizos.
n
n
A CE financiará o programa con 300 millóns de euros ata 2015, mentres que a industria e as entidades de investigación achegarán unha cantidade similar.
n
n
A comisaria europea de Axenda Dixital, Neelie Kroes, destacou o crecemento da economía baseada en internet, que suporá o 5,8% do PIB europeo para 2014, e sinalou que isto "é só o principio".
n
n
Por iso, Kroes pediu que a UE "mobilice o seu talento para poñerse á fronte deste sector". Entre as áreas nas que se aposta por unha maior innovación a través de internet, a CE citou a mobilidade, o aforro de enerxía, ou os servizos sanitarios.
n
n
As actuais conexións a internet deberán aumentar a súa capacidade no futuro para soportar os crecentes fluxos de datos -o tráfico aumento un 60% cada ano, segundo datos da Comisión-, así como desenvolver melloras a nivel de fiabilidade e seguridade.
n
n
Ata agora, 152 entidades solicitaron a súa participación no programa posto en marcha polo Executivo comunitario, e para iso comprometéronse a achegar 90 millóns de euros para a primeira fase de 'Internet do Futuro', que se desenvolverá entre este ano e 2012.
n
n
(Fonte: La Voz de Galicia)
n