A UE pecha finalmente o acordo para crear unha patente única europea

Os países da Unión Europea (UE) chegaron a un acordo definitivo sobre a patente única europea, un proxecto negociado durante os últimos 30 anos e que agora terá que ser autorizado polo Parlamento Europeo.

n
n

nA Comisión Europea (CE) informou de que o Consello consensuou o texto final que inclúe regulación para crear a patente común mediante a cooperación reforzada de 25 Estados membros, outra lexislación sobre o réxime de linguas e un acordo internacional que crea unha xurisdición única e especializada para 26 países
n
nEn xuño pasado, os xefes de Estado e de Goberno da UE decidiron que a sede do tribunal central da futura patente europea estea en París, unha localización que se disputaban Francia, Reino Unido e Alemaña e que constituía o último escollo para que o proxecto saíse adiante. O compromiso acordado polos líderes europeos outorga a Londres unha localización para patentes no campo de produtos químicos e medicamentos e a Múnic unha axencia para a enxeñería mecánica.
n
nNon obstante, no proceso de negociación suprimíronse tres artigos da proposta inicial que afectaban á base xurídica na que se fundamenta o vínculo entre o sistema común e o acordo que establece a patente e a eliminación da posibilidade de recorrer en primeira instancia ao Tribunal de Xustiza da UE para interpretar a convención e o regulamento. A CE, que mostrou a súa preocupación por esas medidas, indicou que se atopou "un compromiso que garante a protección harmonizada de patentes nos 25 Estados membros" que participan no sistema.
n
nEspaña e Italia son as dúas socias comunitarias que non participarán no proxecto por consideralo discriminatorio para os seus idiomas. Non obstante, Roma aceptou a xurisdición única e especializada, informaron fontes comunitarias, polo que se aplicará a un total de 26 Estados membros. O réxime para a tradución das patentes establece que estas só estarán dispoñibles en alemán, inglés e francés, aínda que os países poderán someter as súas solicitudes en calquera idioma da Unión e despois do rexistro, a patente será traducida en todos os idiomas establecidos.
n
nDespois dun período de transición de 12 anos a patente estará dispoñible en 23 idiomas antes e despois do procedemento de rexistro na Oficina Europea de Patente, con sede en Múnic. A Comisión Europea estima que os custos de tradución necesarios para obter unha patente única válida en 25 Estados membros reduciranse no 80% en comparación cos actuais, ademais de que ao crearse unha xurisdición común e especializada se eliminará a necesidade de denunciar posibles violacións de patentes en diferentes países. O acordo tamén establece que todas as empresas poderán obter unha patente europea única.
n
nA presidencia chipriota correspondente enviará agora unha carta ao Parlamento Europeo (PE) pedíndolle que conclúa o proceso lexislativo baseándose no texto acordado. A Comisión de Asuntos Xurídicos da eurocámara reunirase en Estrasburgo (Francia) co comisario europeo de Mercado Interior, Michel Barnier, para definir a súa postura. Se os eurodeputados dan a súa aprobación ao texto, o Consello de Competitividade que se celebrará o 10 de decembro debería chegar a un acordo político e o pleno do PE votalo na súa sesión do 11 de decembro.
n
nA regulación sobre a patente sería despois formalmente adoptada o 21 de decembro e a sinatura do acordo intergobernamental para crear o tribunal central produciríase o 18 de febreiro próximo, no marco do consello de Competitividade. Despois abrirase o proceso de ratificación por parte dos Estados membros.
n
nA Comisión Europea espera ter todos os instrumentos de ratificación concluídos antes do primeiro de novembro de 2013 para que a primeira patente europea común poida ser emitida en abril de 2014.
n
n(Fonte: EFE)

n