A UE ofrecerá 170 millóns en microcréditos para emprendedores innovadores

A Unión Europea facilitará ata 170 millóns de euros en microcréditos para mozos con ideas innovadoras que non conten con activos suficientes para recibir préstamos polas vías convencionais.

n
n

nDebido á difícil situación económica, os mozos europeos con desexos de crear o seu propio negocio ven freadas a súas aspiracións ante a dificultade de obter un préstamo a través dos bancos. Por iso, a Unión Europea creou un mecanismo financeiro, Progress Microfinance, co obxectivo de ofrecer pequenos créditos a proxectos innovadores.
n
nA Comisión Europea (CE) comunicou que, durante os próximos tres anos, a través deste programa facilitará ata 170 millóns de euros para financiar a creación de empresas innovadoras por parte de mozos que non dispoñen dos activos necesarios para recibir préstamos polas vías convencionais. Esta cantidade estará dispoñible a través dunha serie de entidades de microcréditos que recibiron garantías comunitarias. Os bancos públicos e privados, así como entidades crediticias que operan a nivel nacional, rexional e local, xestionarán os microcréditos.
n
nEste proxecto xurdiu en 2010 grazas á colaboración entre o Banco Europeo de Investimentos e a CE, co obxectivo de financiar ás entidades de microcréditos que foron seleccionadas polo Fondo de Investimento Europeo. Debido ao seu bo funcionamento, Bruxelas propuxo que o proxecto se manteña ata 2020.
n
nProgress Microfinance ofrece actualmente préstamos de ata 25.000 euros, co obxectivo de mobilizar un total de crédito de ata 500 millóns de euros, para que poidan ter acceso a estas vantaxes uns 46.000 emprendedores europeos.
n
n(Fonte: Expansión)

n