A Comisión Europea anunciou unha contribución de 13,7 millóns de euros para desenvolver servizos públicos dixitais transfronteirizos a través do programa e-SENS (Electronic Simple European Network Services), co que Bruxelas espera facilitar os negocios das empresas europeas no seu país e noutros da UE.
n
n
nO obxectivo é que este proxecto faga máis sinxela a creación de empresas, o cumprimento de requisitos legais e a participación en licitación públicas, así como establecer conexións entre servizos dixitais nacionais para os cidadáns que visitan diferentes Estados membros para pasar as vacacións ou para traballar ou estudar.
n
nA vicepresidenta do Executivo comunitario e responsable de Telecomunicacións, Neelie Kroes, destacou a importancia de que os distintos servizos públicos online en Europa "funcionen ao unísono" e "de forma segura e eficiente".
n
nCon iso, segundo Kroes, os gobernos poderán sacar o máximo partido das súas estratexias en Internet e as empresas reducirán custos nas súas operacións comerciais no mercado único, á vez que os europeos terán que facer menos papelorios nos seus desprazamentos por chan comunitario.
n
nA Comisión, ademais, sinala que a eficiencia dos servizos públicos dixitais transfronteirizos será moito maior cando estean baseados nunha estrutura de banda ancha de alta velocidade a escala da Unión Europea, polo que Bruxelas proporá medidas para "fomentar" os investimentos en redes de alta velocidade e "conseguir un continente conectado".
n
n(Fonte: Europa Press)