n
n
n
A Comisión Europea aprobou propoñer aos Estados membros un aumento de investimento en investigación, desenvolvemento, innovación e competitividade no período 2014-2020 ata alcanzar os 80.000 millóns de euros (no seu valor actual).
n
n
n
n
Por primeira vez, o paquete presupostario é único para todos os programas existentes, o máis importante dos cales é o VII Programa Marco de I+D, que remata en 2013. A proposta, chamada Horizonte 2020, inclúe tamén o Programa de Competitividade e Innovación e o Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) e complementarase con medidas para completar o desenvolvemento da Área Única Europea de Investigación.
n
n
"Existirá un oitavo programa marco, pero chamarase Horizonte 2020", aclarou Octavi Quintana, da dirección xeral de Investigación, Innovación e Ciencia da CE, en Madrid ao presentar a proposta. "É unha política prioritaria para Europa, para investir no gran capital que temos, que é o coñecemento. Horizonte 2020 estará máis aberto aos desafíos que se presentan á sociedade europea, como a enerxía, o medio ambiente e o envellecemento, e será máis simple e accesible para todos os actores da I+D".
n
n
A cifra de 80.000 millóns de euros representa un 46% de aumento sobre o actual programa marco, sen esquecer que inclúe programas que antes non estaban, como os 2500 millóns de euros destinados a fomentar a competitividade nas pemes.
n
n
Grande aumento para o ERC
n
n
Se se aproba nos termos actuais, no apartado de fomentar a excelencia en ciencia, o Consello Europeo de Investigación (ERC), de recente creación e grande éxito de convocatoria, obterá un aumento do 77% no seu presuposto ata os 13.200 millóns de euros en sete anos. Tamén aumentará moito o diñeiro dedicado a tecnoloxías futuras e emerxentes.
n
n
Ao fomento do liderado industrial, a través do investimento en tecnoloxías clave, como as de información e comunicacións (TIC), o acceso ao capital risco e as pemes dedicaranse case 18.000 millóns de euros.
n
n
A investigación sobre os desafíos que se presentan á sociedade europea financiarase con case 32.000 millóns de euros en seis áreas: saúde, cambio demográfico e benestar (cun 30% de aumento); bioeconomía, seguridade alimentaria, agricultura sostible e investigación mariña; enerxía segura, limpa e eficiente, transporte intelixente, verde e integrado; acción sobre o clima, eficiencia nos recursos e materias primas, e cambios na organización social. O obxectivo é que os resultados da investigación cheguen ao mercado, algo no que Europa fraquea fronte aos seus competidores en I+D.
n
n
Outros obxectivos das accións previstas en Horizonte 2020 son aumentar a cohesión entre países en materia de I+D, actuar en torno ás políticas de xénero e apoiar a difusión libre en Internet dos resultados da investigación financiada por fondos públicos.
n
n
(Fonte: El País)
n
n
n
n