A UE dedicará 7000 millóns de euros a financiar proxectos de investigación e innovación que quere que sirvan para involucrar a todas as partes que interveñen dende que se ten a idea ata que se comercializa. Nestes momentos economicamente difíciles Bruxelas está disposta a non quedar atrás e a non permitir que Corea do Sur, China ou India tomen definitivamente a dianteira en materia de investigación e tecnoloxía.
n
n
n
A UE quere que o investimento en investigación siga aumentando de forma que en 2020 chegue a ser a 3% do PIB. o de agora é o maior investimento que a UE fixo nunca para impulsar a innovación mediante a investigación. Os cálculos que fixo Bruxelas prevén a creación duns 174.000 postos de traballo a curto prazo e case 450.000 para dentro de quince anos.
n
n
As subvencións terán uns 16.000 beneficiarios e as PEMES teñen reservada unha partida especial de 1000 millóns de euros.
n
n
A comisaria de Investigación e Innovación, Maire Geoghegan-Quinn, dixo que "Europa demostra con este programa o seu compromiso de facer da investigación e a innovación grandes prioridades do seu programa político en favor do crecemento e do emprego" e asegurou que están determinados a sacar o "maior partido a cada euro".
n
n
O novo programa pertence ao 7º Programa Marco de investigación, o maior programa mundial dedicado á investigación cun presuposto de máis de 53.000 millóns para o período para o 2007 a 2013. A maioría das convocatorias publicáronse o 20 de xullo e os prazos de presentación iranse graduando, a adxudicación coñecerase en 2012. Calcúlase que chegará a máis de 16.000 beneficiarios entre universidades, organizacións de investigación e industria.
n
n
En total, 460 millóns de euros dedicaranse a proxectos que traten de afrontar o reto do envellecemento da poboación. O Consello Europeo de Investigación (CEI) outorgará case 1600 millóns de euros aos mellores investigadores que traballen en Europa tanto novos como máis expertos; 900 millóns de euros destinaranse ás bolsas Marie Curie, calcúlase que se poderán beneficiar delas uns 10.000 investigadores moi cualificados. Uns 20 millóns irán destinados a un proxecto piloto chamado «Doutorados industriais europeos» que promove o espírito empresarial e a cooperación entre universidades, centros de investigación e industrias.
n
n
Para a investigación ambiental, cambio climático, biodiversidade ou eficiencia no uso dos recursos destínanse 265 millóns de euros. Máis de 312 para a investigación dedicada á alimentación saudable, 488 millóns de euros para a investigación en áreas como as fábricas do futuro, automóbiles ecolóxicos e edificios eficientes, 313 millóns para transporte máis limpo, seguro e eficiente e 40 millóns para a iniciativa «Cidades intelixentes» que contribuirá a atopar formas mellores de utilizar a enerxía e a facer máis sustentable e máis cómodo e transporte urbano.
n
n
(Fonte: Europa Press)
n