A Comisión Europea (CE) abriu as primeiras convocatorias para financiar proxectos científicos e de investigación entre 2014 e 2015, un período no que adxudicará fondos por valor de ata 15.000 millóns de euros como parte do seu plan para potenciar a innovación ata 2020.
n
n
nSegundo indicou o organismo, estas chamadas a concurso supoñen uns 7800 millóns de euros dos 150.000 millóns destinados ao programa de I+D para os próximos dous anos. O obxectivo deste programa é impulsar a economía de coñecemento en Europa e afrontar os problemas cuxa solución mellore a vida das persoas.
n
nCoa intención de mellorar as oportunidades dos investigadores e centros de investigación, a CE decidiu abrir dende xa as convocatorias correspondentes aos presupostos para 2014. Outras, segundo informaron, iranse abrindo ao longo do próximo ano.
n
nEn canto a como se reparte a dotación destas axudas, o organismo explicou que, para o piar "Ciencia excelente", se destinarán ao redor de 3000 millóns de euros, incluídos 1700 millóns para o European Research Council (ERC) destinadas a científicos eminentes e 800 millóns para a concesión de bolsas Marie Sklodowska-Curie a novos investigadores.
n
nPara o piar denominado "Liderado industrial", destínanse 1800 millóns de euros para apoiar o liderado de Europa en sectores tales como as TIC, as nanotecnoloxías, a fabricación avanzada, a robótica, as biotecnoloxías ou o espazo. Finalmente, para o piar "Retos sociais", destinaranse 2800 millóns de euros para proxectos innovadores que afronten os retos sociais de Horizonte 2020, entre os que se atopan a saúde, a agricultura, o transporte ou o medio ambiente, entre outros.
n
nA comisaria europea de I+D+i e Ciencia, Márie Geoghegan-Quinn, sinalou que é a "hora de poñerse mans á obra". Ao seu xuízo, o financiamento do programa Horizonte 2020 "é fundamental para o futuro da investigación e a innovación en Europa e contribuirá ao crecemento, á creación de emprego e a unha mellor calidade de vida".
n
nNunha rolda de prensa dende Bruxelas, a comisaria engadiu que "o programa Horizonte 2020 está concibido para producir resultados e lográronse reducir trámites administrativos para que sexa máis doado intervir nel". "Fago así un chamamento á participación de investigadores, universidades, empresas, Pemes incluídas, e outros interesados", concluíu.
n
nO papel de España
n
nEste mesmo chamamento realizouno Javier García Serrano, do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), quen explicou que este organismo se puxo en marcha, con profesionais e expertos do Ministerio de Economía, "para axudar e asesorar a todos aqueles que desexen presentarse a estas convocatorias".
n
nSegundo indicou, o proceso que levarán a cabo estes profesionais será o de analizar as oportunidades de cada proxecto que requira o seu asesoramento, apoiar o participante e levarán a cabo promoción das convocatorias para captar novos talentos. "Trátase de que os que xa participan nestes concursos, como as universidades, participen máis, pero á vez detectar posibles novos participantes", precisou.
n
nNeste sentido, apuntou que o CDTI "dá apoio a todo aquel que se queira presentar" e tamén axudará economicamente a aquelas empresas que se presenten e "sendo moi boas" non consigan financiamento. "Trátase de axudalos a que na próxima convocatoria presenten un proxecto mellor", declarou.
n
n(Fonte: Europa Press)