A terceira edición de Spain Tech Center levará startups españolas a Silicon Valley

Coñecer como funciona toda a mecánica empresarial de Silicon Valley xa non é só unha posibilidade para algúns privilexiados cunha boa conta bancaria ou cunha grande afección polo risco. Agora, e baixo a terceira convocatoria do Spain Tech Center, unha iniciativa de ICEX, Red.es e Banco Santander, algunhas startups españolas poderán cumprir o seu obxectivo de pasear pola Baía de San Francisco e aprender de primeira man como funcionan as empresas tecnolóxicas máis importantes do momento.

Como sempre, os requisitos para formar parte da convocatoria van por diante. As startups participantes, entre o 9 ao 20 de novembro, terán que contar cun produto ou servizo de alto valor tecnolóxico, un modelo de negocio efectivo e con certa presenza no mercado. Ademais, as empresas deberán ser españolas ou contar con polo menos un fundador español.

Durante dous días, os elixidos para participar no Spain Tech Center asistirán a unha formación en Madrid, para logo pasar dúas semanas intensivas en Silicon Valley con talleres de mercadotecnia, asuntos legais, desenvolvemento… Obviamente, o feito de ter acceso a todos estes eventos supón un valor engadido para as startups seleccionadas, pero o obxectivo principal para elas é o de facer contactos; algunhas das empresas que participaron nas edicións anteriores abriron unha sede do seu negocio no Val precisamente grazas a eses contactos xerados.

¿Funciona ou só é marketing?

Nos últimos meses estivemos a ver como moitas das estatísticas confirman que o “Val do Silicio” foi perdendo o seu tradicional reclamo ante as novas startups, algunhas das cales decidiron establecerse noutras rexións polos seus prezos máis reducidos e novas posibilidades de negocio. Non falamos daquelas fóra de Estados Unidos, senón dentro do mesmo país, que viu crecer outros focos empresariais tecnolóxicos en cidades como Nova York, Ohio, Os Ángeles ou Boston…

Non obstante, por tradición de momento este lugar segue tendo un gran reclamo para as empresas estranxeiras, que ven neste lugar a clave para o éxito asegurado ao 100%. Pero como sempre, non é ouro todo o que reloce e o máis probable é que a gran maioría das empresas que se queiran establecer alí volvan por onde viñeron esmagados pola brutal competencia que alí reina, por si ben hai moitas máis oportunidades tamén hai máis rivais.

(Fonte: ICEX)