Se falamos de tecnoloxía na provincia de Ourense, a Tecnópole é necesariamente un referente para calquera empresario do sector. O proxecto de capital mixto, e que se atopa liderado pola Xunta, cumpre trinta anos de historia con máis dun centenar de empresas.
Aínda que a súa actividade vai máis aló do sector tecnolóxico, o certo é que varias das sociedades que lideran o ranking ourensán das TIC atópanse nas súas instalacións. É o caso de Primux Trading e Egatel, que lideran a fabricación de compoñentes tecnolóxicos desde as instalacións que teñen no Parque Tecnolóxico de Galicia.
A investigación e o desenvolvemento, xa sexa dentro do sector TIC ou non, está moi presente no ADN dun gran número de empresas situadas na Tecnópole. É o caso, por exemplo do centro CIS Madeira ou o Centro Tecnolóxico da Carne.
Nas naves situadas neste polo industrial do municipio de San Cibrao das Viñas tamén se souberon gañar un oco outro tipo de industrias que non están vencelladas á tecnoloxía da información. Á fronte delas, por volume de traballadores e facturación, atópase Coasa. A empresa, que elabora pezas aeronáuticas para avións, moveu en 2020 un total de 12,6 millóns, unha cifra moi lastrada pola pandemia.
Fonte: La Voz de Galicia