A Tecnópole ofertará as súas incubadoras empresariais aos futuros enxeñeiros no XI Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo

Tecnópole contará cun stand no XI Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo, unha cita obrigada para os futuros enxeñeiros que se titulen nesta institución e que terá lugar entre o 21 e o 24 de marzo no Campus de Lagoas-Marcosende.

n

Un ano máis, unha vintena de estudantes dos últimos cursos de Telecomunicación, Industriais e Minas está a traballar para organizar este evento. Durante catro días a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas acollerá os postos das numerosas empresas que acoden ao foro coa intención de presentar o seu traballo e as súas ofertas e recoller currículos.

n

O Parque Tecnolóxico de Galicia desprazará a dúas persoas do seu equipo para poñer a disposición dos estudantes toda a información relativa ao acceso e os servizos que a entidade pon a disposición dos emprendedores nas súas dúas incubadoras, ás que se suma o Viveirno Empresarial da Cámara de Comercio de Ourense.

n

O apoio ao emprendemento innovador é un dos eixos de actividade da Tecnópole, que forma parte da Rede Galega de Incubadoras Tecnolóxicas através dos seus viveiros propios. Os espazos de traballo son de diferentes superficies a partir dos 25 m2, cun custo mensual desde pouco máis de 170 euros.

n

O Centro de Empresas e Innovación (CEI) ten70 niños repartidos en 2300 m2. Estes espazos están dispoñibles para períodos de tres anos prorrogables a un máximo de cinco. A maiores, en 2009 entrou en servizo o Tecnópole I, un edificio intelixente de 3000 m2 con 24 espazos de traballo para emprendemento multisectorial.

n

No capítulo de apoio ao emprendemento hai que destacar tamén a preincubadora de empresas de base tecnolóxica, que nace da alianza coa Universidade de Vigo. O período de preincubación dura entre 6 meses e un ano e se a iniciativa prospera alóxase na incubadora de empresas.

n

As empresas que dan os seus primeiros pasos na Tecnópole contan cunha serie de prestacións de alto valor engadido. Ademais de servizos xerais e de telecomunicacións como uso de salas, seguridade, tarifas moi vantaxosas de telefonía e internet gratuíto ata 2GB, existe un importante soporte especializado no que destacan a Oficina de Financiamento de Proxectos, o Gabinete de Estudo de Viabilidade, a Central de Compras e instalacións científico-tecnolóxicas coma o Centro de Experimentación en Enerxías Renovables e o laboratorio para empresas de biotecnoloxía, entre outros.

n

Presenza empresarial

n

A falta dunhas semanas para a inauguración oficial do foro xa está confirmada a participación, ademais da da Tecnópole, de 15 empresas, entre as que destacan Accenture, R, Tecnocom ou Alcoa. Hainas que repiten, como é o caso de Altran, pero outras, como Quantum, achéganse por primeira vez a esta cita que abrirá as súas casetas ao día seguinte da inauguración, é dicir, entre o 22 e o 24 deste mes de marzo.

n