A Tecnópole entrégalle a ASPANAS o importe aforrado nas tarxetas navideñas

A Tecnópole fíxolle entrega hoxe, luns 21 de xaneiro, á Asociación de Pais a favor das Persoas con Discapacidade Psíquica de Ourense (ASPANAS) de equipamentos polo valor do importe aforrado nas tarxetas navideñas deste ano, nas que se substituíu o tradicional formato en papel por unha versión dixital que foi enviada por correo electrónico.

O director da Tecnópole, Ricardo Capilla, entregoulle á presidenta da Asociación, Maruja Román Vázquez, e ao seu xerente, Juan José Rodríguez Fernández, unha TV LCD de 32”, un DVD grabador e unha cámara de fotos. Estes equipamentos, que serán incorporados á sé da entidade para o disfrute dos seus asociados, teñen un valor de mil euros, o equivalente aos custos do que sería o deseño, impresión e envío postal das felicitacións en papel.

A iniciativa enmárcase na política de responsabilidade social corporativa do Parque Tecnolóxico de Galicia, que por segundo ano consecutivo contribúe desta maneira ao proxecto dunha asociación sen ánimo de lucro, ao tempo que evita o impacto medioambiental negativo que carrexa o consumo innecesario de papel.

ASPANAS foi creada no ano 1966 como centro ocupacional e residencial xestionado polas propias familias dos discapacitados e que asegura asistencia legal e apoio psicolóxico aos seus asociados grazas aos servizos cos que conta o centro.