A Tecnópole asiste gratuitamente as súas empresas na implantación da factura electrónica

Tecnópole acaba de poner en marcha una iniciativa piloto con la que asistirá gratuitamente a cinco de las empresas ubicadas en su recinto en la implantación de la factura electrónica, que permite ahorrar hasta 3,5 euros entre el emisor y el receptor.

El Parque Tecnolóxico de Galicia lleva a cabo este proyecto en su ánimo de liderar sistemas de gestión relacionados con las nuevas tecnologías. La entidad, que ya se está beneficiando de las ventajas de esta modalidad de facturación, inscribe además esta iniciativa en el marco de su política de responsabilidad social corporativa por el impacto medioambiental positivo que supone el abandono de la factura en papel y de su envío por correo postal.

A Tecnópole vén de poñer en marcha unha iniciativa piloto coa que asistirá gratuitamente cinco das empresas situadas no seu recinto na implantación da factura electrónica, que permite aforrar ata 3,5 euros entre o emisor e o receptor.

O Parque Tecnolóxico de Galicia leva a cabo este proxecto no seu ánimo de liderar sistemas de xestión relacionados coas novas tecnoloxías. A entidade, que xa se está a beneficiar das vantaxes desta modalidade de facturación, inscribe ademais esta iniciativa no marco da súa política de responsabilidade social corporativa polo impacto medioambiental positivo que supón o abandono da factura en papel e do seu envío por correo postal.

Este programa, ao igual que o denominado ‘Tecnópole PRO-TIC‘ -unha acción que se desenvolve en paralelo co fin de impulsar o uso das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) para incrementar a produtividade-, arranca cunha fase piloto na que participará un grupo reducido de empresas instaladas no recinto de San Cibrao das Viñas, pero podería estenderse con posterioridade aos polígonos industriais adxacentes e a outras áreas de Galicia coa vantaxe da experiencia adquirida polo Parque Tecnolóxico nesta primeira etapa.

O programa ‘Tecnópole e-factura’ consiste nun plan titorizado de implantación sen custo da factura electrónica en 5 empresas seleccionadas polo Parque. A implantación virá precedida dun programa formativo e dun estudo das necesidades específicas de cada empresa sobre o uso da e-factura e dos seus beneficios. En total, o proceso terá unha duración aproximada de 4 meses.

Durante a fase de formación, as empresas serán informadas sobre o proceso práctico de implantación da e-factura a través de casos prácticos, das súas vantaxes e requirimentos legais e dos conceptos relacionados, como a sinatura electrónica e os certificados dixitais. Posteriormente, farase unha diagnose de cada empresa para avaliar o seu soporte informático e a súa actividade concreta co fin de redeseñar os seus procesos de contabilidade e adaptar o seu sistema á facturación electrónica. Finalmente, realizarase unha investigación de mercado na que se identificarán os mellores provedores locais de tecnoloxía para a implantación da e-factura. Unha vez completada, farase un seguimento para garantir que se seguen os pasos axeitados.

Menos custos e máis eficacia

A factura electrónica é un documento tributario xerado por medios informáticos en formato dixital que substitúe o documento físico en papel, pero que ten a mesma validez legal. En lugar de imprimila e mandala por correo postal, envíase directamente por correo electrónico ao receptor, o mesmo que a Facenda, de ser necesario remitila á Administración Tributaria.

Existen moitas vantaxes vinculadas á factura electrónica, que van dende os puramente económicos aos ecolóxicos. En primeiro lugar, supón un aforro de custos e de impacto medioambiental negativo pola supresión do papel e dos gastos postais; unha mellora da eficiencia derivada da liberación de tarefas administrativas como a introdución manual dos datos en cada factura; a optimización da tesourería, xa que a comparación cos apuntamentos contables se pode facer automaticamente e minimizando os erros humanos; e a redución dos tempos de xestión, debido á inmediatez do envío por correo electrónico.

Segundo un estudo realizado pola consultora Pricewaterhouse Coopers entre empresas da Unión Europea, o incremento da eficiencia é o principal beneficio que atopan as empresas na factura
electrónica, seguido de cerca pola redución de custos. Respecto deste punto, a Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) cifra en aproximadamente 0,70 euros de aforro por factura para o emisor e ata 2,78 euros para o receptor.