A Axencia Galega de Innovación organiza un taller práctico sobre o programa FEDER-INNTERCONECTA no Parque Tecnolóxico de Galicia o vindeiro mércores 13 de marzo ás 11 horas. A xornada centrarase nas características da convocatoria aberta á presentación de proxectos, co obxectivo de axudar ás empresas a resolver as dúbidas que poidan ter na preparación das súas solicitudes. Neste sentido, ofrécese a posibilidade de realizar entrevistas bilaterais con técnicos do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) para revisar ideas ou propostas de proxectos.
n
n
nPara asistir é precisa a inscrición no correo electrónico difusion.gain@xunta.es, indicando as persoas que asistirán e o seu cargo, así como se se está interesado en manter unha reunión cos técnicos de CDTI. Neste caso, deberá remitir cumprimentada a Ficha de Información da Idea de Proxecto antes do día 11 de marzo á mesa dirección de email.
n
nA convocatoria do programa FEDER-INNTERCONECTA 2 permanecerá aberta ata o 4 de abril. En total, contempla un investimento de 75 millóns de euros procedentes de fondos públicos (60 millóns do Fondo Tecnolóxico Europeo máis 15 achegados pola Xunta de Galicia en concepto de cofinanciamento), que en total suporán a mobilización de 150 millóns de euros sumando a achega das empresas.
n
nOs proxectos presentados, cunha confía mínima de 1,5 millóns de euros, teñen que ter unha duración de tres anos e ser executados por consorcios formados por entre tres e dez empresas, cun mínimo do 15% do orzamento reservado para a subcontratación de centros tecnolóxicos e de investigación. Fronte á fórmula inicial baseada no préstamo, o programa promovido pola Xunta contempla a opción da subvención a fondo perdido ao máximo que permite a UE segundo a tipoloxía das empresas. As axudas poden acadar o 40% para grandes empresas, o 50% para medianas e o 60% para pequenas, coa posibilidade de financiar a amortización de activos fixos, horas de persoal propio, materiais, subcontratacións e gastos xerais
n
n
As innovacións propostas deben ser de alto impacto e ter como obxectivo a creación ou mellora de produtos, procesos e servizos e presentar unha clara orientación ao mercado.
n
nEste programa é a continuación do iniciado en 2012, que se traduciu en 26 proxectos en áreas de actividade estratéxicas para Galicia e cun gran potencial comercial e de creación de emprego. Estes implican a un total de 106 empresas galegas e supoñen un investimento inducido en centros tecnolóxicos e universidades de máis de 13 millóns de euros para sufragar a súa colaboración nos proxectos.
n
nEste programa é a continuación do iniciado en 2012, que se traduciu en 26 proxectos en áreas de actividade estratéxicas para Galicia e cun gran potencial comercial e de creación de emprego. Estes implican a un total de 106 empresas galegas e supoñen un investimento inducido en centros tecnolóxicos e universidades de máis de 13 millóns de euros para sufragar a súa colaboración nos proxectos.
n
n
n