O mercado potencial de Xesol abarca máis de 1000 millóns de vehículos en circulación, xa que os seus dispositivos se poden instalar en calquera automóbil fabricado a partir de 2000, e 90 millóns anuais que se producen cada ano.
“O labor desempeñado por Gesvalt posibilitou a valoración do potencial inmerso no intanxible dos desenvolvementos cometidos por Xesol Innovation”, explica José Nogueira, CEO de Xesol Innovation.
O seu sistema ADAS, presentado ao público o pasado decembro en Tecnópole, caracterízase por utilizar cámaras de visión artificial, dúas no retrovisor interior e outra no cristal traseiro, para monitorizar o contorno do vehículo e un sistema deep learning de aprendizaxe. O programa avisa ao conductor a través dunha pantalla de elementos sonoros e visuais de posibles situacións de risco.
Xesol Innovation engadiu os catro actuadores básicos do coche: acelerador, freo, volante e marchas. Con isto, conseguiron ter unha condución automatizada en moitas tarefas, ou o que é o mesmo, un coche autónomo de nivel 4 e nivel 5. Grazas a SmartCarApps o vehículo é plenamente autónomo, requirindo protocolos V2x.
Ademais de fabricantes de automóbiles, a firma mantén negociacións con compañías aseguradoras, interesadas noutras aplicacións de conectividade e telemetría. A compañía xa desenvolveu unha APP de recoñecemento biométrico (SmartFace) orientada á contratación de servizos de car-sharing (identifica o usuario a través dunha cámara), un sistema de chamada de emerxencia con intercambio de datos (velocidade á que circulaba o coche, etc.), e unha APP de lectura e escritura por voz de mensaxes (whatsapp, e-mail, telegram), bautizada como Escriba.
A startup ten instalacións en Tecnópole, Vigo Ourense e Madrid (no Google Camp), 24 traballadores (máis do 90%, enxeñeiros) e conta con 60 accionistas.
(Fonte: Faro de Vigo)