A tecnoloxía, o motor do emprego en Galicia

Cando parecía que a choiva de despedimentos no sector tecnolóxico amainara, Meta -a compañía matriz de Facebook e Whatsapp- anunciaba que cesaba a outros 10.000 empregados do seu persoal. A cifra súmase aos outros 9.000 despedimentos que comunicou Amazon. Así sucesivamente até superar a barreira dos 150.000 empregos destruídos nos últimos meses a mans das grandes firmas tecnolóxicas.

Ese furacán non se notou -por agora- no noso país. Moito menos en Galicia, onde a onda de despedimentos é case unha esperanza que pode beneficiar aos centenares de empresas desexosas de poder captar un talento que escasea.

O sector tecnolóxico foi gañando terreo nesta esquina da península durante os últimos anos. Botando a vista atrás unha década, o número de profesionais dedicados á programación, a consultoría ou outras actividades relacionadas coa informática triplicouse. E é que, segundo un estudo da compañía de recursos humanos Michael Page, o ámbito da tecnoloxía sitúase como o maior xerador de emprego en Galicia.

Até un 40% medrou o sector no último ano, a golpe de contratacións. As estimacións que inclúe o estudo apuntan cara a unha estabilización xeneralizada dos procesos de contratación en 2023. En canto aos sectores e perfís mellor situados por demanda e salario, en Galicia medrarán especialmente os postos relacionados coa ciberseguridade, o almacenamento na nube ou a intelixencia artificial.

Fonte: La Voz de Galicia