A Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), organiza a Xornada “O Sétimo Programa Cadro de I+D da Unión Europea: como ter éxito nas convocatorias 2013”, evento que terá lugar na sede central do CSIC en Madrid o próximo 12 de setembro de 2012, a partir das 9.30 horas.
n
n
n
A sesión, na que participarán a secretaria de Estado nesta materia, Carmen Vela; o presidente do CSIC, Emilio Lora-Tamayo, e o secretario xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, Román Arjona, entre outros; ten como obxectivo favorecer a participación española nos programas europeos de I+D+I e impulsar a concorrencia de investigadores, equipos e entidades ás convocatorias do Sétimo Programa Cadro da Unión Europea. Ademais, será unha excelente oportunidade para coñecer os trazos principais do seu sucesor, o Programa “Horizonte 2020”.
n
n
A reunión consta de dúas sesións plenarias e de dezasete sesións paralelas correspondentes a cada unha das convocatorias lanzadas para o Sétimo Programa Cadro. Nas sesións plenarias, representantes de Estados Membros da Unión Europea e da Comisión Europea analizarán as oportunidades que ofrece o Programa Cadro e o impacto que está a ter no continente e en España. Nas sesións paralelas presentaranse as próximas convocatorias e analizarase, desde un punto de vista práctico, o proceso de preparación e de presentación dun proxecto por parte de representantes expertos de institucións públicas e privadas.
n
n
Para participar, pode consultar a páxina da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade: www.idi.mineco.gob.es/.
n
n
(Fonte: Ministerio de Economía e Competitividade)
n