A revista Ejecutivos concede o seu premio na categoría de I+D+i a Tecnópole

A revista Ejecutivos celebrará o próximo 23 de xuño a I Edición dos Premios Ejecutivos Galicia, que recoñecen o labor de Tecnópole na categoría de I+D+i. A cerimonia terá lugar no Parador de Santiago de Compostela baixo a presidencia do titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

n
n

 

n

Tecnópole comparte protagonismo con José María Arias, presidente do Banco Pastor, que recibirá o galardón como Executivo do Ano; Manuel Fraga, que verá recoñecida a súa ampla experiencia co premio á Traxectoria Profesional; Fillos de Rivera (Empresa do Ano); Caixa Rural Galega (Traxectoria Empresarial); Martín Códax (Marca); Fandicosta (Calidade); Blusens (Tecnoloxía); o Parador Nacional de Santiago (Excelencia Turística); a Autoridade Portuaria de Vigo (Medio Ambiente); e o Instituto Galego de Promoción Económica – Igape (Promoción Económica).

n

 

n

"O potencial do tecido empresarial galego é extremadamente bo" afirma María Victoria de Rojas, editora da cabeceira económica. "Dende a revista queremos premiar o éxito das empresas e institucións desta rexión, pero sobre todo recoñecer o esforzo e a tenacidade dos que contribuíron a recuperar a actividade económica galega durante o último ano".

n

 

n

Toda a información aquí.

n

 

n

(Fonte: Ejecutivos)

n