Hoxe en día é posible conectarse a unha rede Wi-Fi alá onde vaias, xa que a rede sen fíos se está a implantar na maioría de espazos públicos de forma gratuíta. Imaxinemos por un momento que, ademais de acceder a Internet e consultar as nosas notificacións, o Wi-Fi nos permitise cargar o teléfono móbil sen necesidade de baterías nin conexión á rede eléctrica. Isto é precisamente o que se propuxo un equipo de investigadores da Universidade de Washington, creador dun sistema de carga enerxética a través do aire.
O sistema consta de só dous compoñentes: un router cun software modificado para convertelo nunha fonte de enerxía de radiofrecuencia, e uns sensores que detectan os sinais e os transforman en corrente continua. Así, o router envía un sinal constante que é capturado polos sensores a unha distancia de ata de 9 metros.
Se ben non é o primeiro dispositivo capaz de transmitir o devandito sinal de radiofrecuencia, é un dos primeiros no que a función de carga non interfire coa función orixinal de transmisión de datos. “Optimizamos o router para que a súa conectividade non se vexa afectada, dividindo unha única canle Wi-Fi en tres canles que non se superpoñen”, explican os seus desenvolvedores en Popular Science.
Esta tecnoloxía logrou recargar unha cámara pequena e un pulsómetro, aínda que polo momento non ten potencia abonda para cargar teléfonos intelixentes.
Xa viramos unha solución similar, con forma de carcasa para iPhone, presentada por unha compañía chamada Nikola Labs no evento TechCrunch Disrupt celebrada en Nova York en maio. O 90% da enerxía que utilizan os teléfonos móbiles para realizar chamadas ou para conectarse ás redes de datos pérdense no aire, polo que este tipo de tecnoloxía será moi útil no futuro.
(Fonte: EP)