A rede enerxética do futuro, xa en marcha

A multinacional Saft anunciou que vai traballar como partner de primeira orde para prover os compoñentes do sistema de almacenamento enerxético do Nice Grid, un proxecto que pretende deseñar a rede enerxética do futuro.

n
n

nA iniciativa baséase no almacenamento de enerxía como parte fundamental do funcionamento da rede de distribución. Está coordinado por ERDF, empresa xestora da rede pública de subministración de electricidade sobre o 95% do territorio francés continental;  e tamén conta con Alston Grid, especialista en redes eléctricas, e EDF, compañía de enerxía nuclear, como partners principais. O proxecto está financiado pola Axencia Francesa de Enerxía e Medio Ambiente, no marco do programa de investigación 'Redes Intelixentes de Electricidade'.
n
nNice Grid desenvolverá a primeira demostración real en toda Francia da eficiencia e flexibilidade asociada co almacenamento eléctrico usando baterías de Litio-ión integradas en tres niveis da rede: a primeira fase na que se orixina a enerxía, a fase de distribución, e finalmente a fase residencial (cunha capacidade global de almacenamento de aproximadamente 2.7 MWh).
n
nO plan de almacenamento contribuirá a optimizar o fluxo de enerxía a través de toda a rede intelixente e a mellorar a capacidade desta para utilizar intermitentemente recursos renovables.
n
nO proxecto tamén permitirá testear múltiples funcionalidades, incluíndo medición de carga (tanto no relativo á produción coma ao consumo de electricidade), xestión do peche da planta, e xestión eficiente de moitos factores de produción e consumo de enerxía relacionados coa rede do futuro.    
n
n(Fonte: Energética 21)

n