Se se analizan as cifras por modalidades de crowdfunding, continúa impoñéndose a recompensa como contraprestación ás achegas individuais. Neste caso produciuse un aumento do 111% con respecto a 2013, xa que o ano pasado se achegaron 35,1 millóns de euros fronte aos 19,5 de 2013, ou os 8,1 millóns de 2012.
Non obstante, o tipo de financiamento colectivo onde se rexistrou un maior incremento é o coñecido como crowdlending, ou empréstitos entre particulares e empresas a cambio dun tipo de interese ou dunha oferta dentro da empresa que pide financiamento. Cun montante de 13,7 millóns en 2014, produciuse un aumento do 363% con respecto a 2013, cando se rexistraron 2,8 millóns de euros, unha cifra tamén moi superior aos 0,6 de 2012.
Outra modalidade que rexistrou un elevado incremento, do 234%, é a equity crowdfunding, consistente na participación no capital dunha empresa por parte de múltiples socios que conforman o capital. En 2014 alcanzáronse os 10,5 millóns, mentres en 2013 se chegou aos 6,2 e en 2012 a 1,2 millóns. E a modalidade de crowdfunding cun menor incremento foi a das doazóns, cun aumento do 71% con respecto a 2013, xa que en 2014 se alcanzaron os 0,8 millóns, polos 0,6 de 2013, ou os 0,3 de 2012.
En total, durante os anos 2012, 2013 e 2014, en España financiáronse proxectos vía crowdfunding por valor de 101 millóns de euros.
A teor dos datos recompilados por este estudo, os seus responsables conclúen que a percepción en canto á regulación deste tipo de financiamento indica que o 53% das persoas que apostan polo crowdfunding para os seus proxectos pensa que a proposta de regulación no seu ámbito é estrita e excesiva. Ademais, o 21% considera que a regulación no seu ámbito é estrita e excesiva. O 15% non está seguro en canto á súa percepción da regulación desta modalidade de financiamento en España. E o 9% indica que non ten regulación específica no seu tipo de crowdfunding e demanda unha regulación.
Os datos deste estudo chegan cando está próxima a aprobación da lei que afecta directamente a dous tipos de financiamento colectivo: o equity crowdfuding e o crowdlending.
(Fonte: El País)