A realidade virtual impulsa a innovación nos negocios tradicionais

A capacidade para reinventarse como negocio converteuse nunha cuestión de supervivencia empresarial. Falta de financiamento, visión de cambio ou mesmo de sucesores que continúen co negocio familiar, son as principais razóns polas que unha alta porcentaxe dos gremios de carácter tradicional no noso país desapareceron durante os últimos anos.

Unha das excepcións a esta situación é a protagonizada por Lázaro Style, unha empresa familiar dedicada á carpintería tradicional, e que realizou un importante investimento a todos os niveis. Un investimento cuxo principal froito  é a integración da innovación marcada pola realidade virtual nos seus servizos, o que permite aos seus clientes contemplar con claridade o resultado final do seu traballo.

“Desenvolver proxectos traballados en madeira cada vez máis complexos non era suficiente”, explica Juani Moral, cofundadora e xerente de Lázaro Style. “Démonos conta que debiamos levar a cabo unha renovación integral do sistema de negocio”, insiste. “Un investimento destinado a renovar as instalacións, maquinaria de última tecnoloxía, programas informáticos, persoal cualificado e tamén formar ao xa existente, predispúxonos a dar un empuxón definitivo á empresa familiar e abrir liñas de negocio fóra de España”, defende Moral, que analiza que o cambio foi algo natural, case evolutivo, que os levou a reemprender con éxito e dar o salto internacional.

Diferenciación

Establecer unha diferenciación coa competencia no sector, implantando o seu selo en franquías de prestixio nacional como as zapaterías Lola Rey, Pie con Bola ou as tendas da marca La Oveja Negra; a incorporación de materiais de primeira calidade con terminacións exclusivas; colaboracións con arquitectos, interioristas e construtores innovadores, entre outros, forman parte da estratexia que Lázaro Style converteu no seu ‘leit motiv’ e que levaron a esta empresa andaluza a reemprender para dar coa clave do éxito.

(Fonte: El Economista)