A primeira fábrica galega de gominolas producirá 13 toneladas ao mes en Nigrán (“Galicia Avanza”)

Mercedes Toscano, emigrante retornada, asentouse hai tres anos co seu marido Jorge Núñez e as súas tres fillas no municipio de Nigrán. O vindeiro mes de setembro abrirán unha factoría propia de gominolas en Porto do Molle. En Chile introduciron as primeiras gominolas a granel e chegaron a vender até 500 toneladas de chuches por exercicio entre o 2012 e o 2019. Agora poden e teñen que montar a súa propia fábrica «para facer fronte á demanda porque nos piden o dobre das que producimos». A posta en marcha da fábrica levará a creación de cinco postos de traballo ao comezo da súa singradura.

As primeiras gominolas con denominación de orixe galega serán sen azucre, empregando a mesma fórmula que puxeron en marcha en Chile en 2017 cando se aprobou a Lei Súper Oito contra a obesidade infantil. A día de hoxe, Mininolas comercializa en España unhas cinco toneladas ao mes de gominolas, cunha facturación aproximada de 200.000 euros. «O noso obxectivo a un ano vista é fabricar trece toneladas mensuais en Nigrán, dez das de sen azucre e outras tres das funcionais, que son as de vitaminas», avanzan os donos de Mininolas.

Poñen no mercado cinco toneladas ao mes de Mininolas e Flipa (segundo o formato), cun 50% menos de calorías que unha gominola tradicional. Eles sacaron hai medio ano as primeiras Mininolas vitaminadas. Hai seis tipos de vitanolas: con coláxeno, con Omega 3, con melatonina, un multivitamínico para adultos, outro infantil e unha vegana, «que é a que está a ter mellor acollida, sabe a frambuesa, conta cunha alta concentración de Biotina e fortalece cabelos e uñas».

Fonte: La Voz de Galicia