A preincubadora Tecnópole-Uvigo abre a convocatoria para optar aos seus catro espazos para emprendedores universitarios

Só un 5% dos universitarios españois inicia un proxecto empresarial ao remate dos seus estudos. No caso da Universidade de Vigo esta cifra ascende ata aproximadamente o 14%, segundo os datos da propia institución. Para contribuír a que os membros da comunidade universitaria escollan o camiño do emprendemento e o fagan con toda a axuda e o apoio posible para ter éxito, a Universidade de Vigo e o Parque Tecnolóxico de Galicia veñen de presentar o proxecto da preincubadora universitaria do campus de Ourense.

n
n

 

n

O seu nome será Piuvi-Tecnópole Ou e estará situada na Tecnópole. Os estudantes da Universidade de Vigo e os seus egresados recentemente que teñan gañas de pór en marcha un negocio teñen de prazo ata o vindeiro 29 de abril para presentar a súa idea e optar a ocupar un dos primeiros catro niños que ofrece a nova preincubadora universitaria.
n
n“A Universidade de Vigo, a universidade do sur de Galicia, está desde hai anos decidida a fomentar o emprendemento entre o alumnado. Temos que imprimir esa cultura nos nosos estudantes porque eles serán os empresarios do futuro e é fundamental que aposten polo coñecemento e a innovación como base do seu traballo”, destacou Salustiano Mato durante a presentación de Piuvi-Tecnópole Ou nun acto ao que tamén asistiron María Lameiras, vicerreitora do campus de Ourense; Manuel Antonio Varela, director da Axencia Galega de Innovación; Ricardo Capilla, director-xerente da Tecnópole; Victoria Rois, secretaria xeral da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, e Nani Regueira, da Confederación Empresarial de Ourense. “Sempre, e máis no contexto actual, apoiar o emprendemento é algo fundamental, temos que apoiar aos emprendedores que parten do coñecemento e que poden cambiar o modelo produtivo”, subliñou Manuel Antonio Varela, que tamén salientou a importancia de que o coñecemento das universidade chegue á sociedade a través de iniciativas coma esta.
n
nConvocatoria aberta

n

nSegundo explicaron as entidades promotoras, a convocatoria para presentarse a ocupar un dos catro primeiros espazos que ofrece a preincubadora universitaria ábrese este venres, día 1 de marzo. Os niños, que poderán ocuparse por un período de 6 meses prorrogable ata un ano, estarán ubicados na sala de coworking da Tecnópole ou en locais libres do edificio CEI, atendendo ás necesidades de cada proxecto. O Parque Tecnolóxico de Galicia subvencionará o 100% do canon de uso das infraestruturas nas súas instalacións, o uso gratuíto da wifi, o consumo de electricidade e o acceso a servizos comúns. O gañadores dos espazos tamén se poderán beneficiar de actividades de formación e asesoramento gratuítos ofertados pola Cámara de Comercio e Industria de Ourense e pola Confederación de Empresarios de Ourense. Unha vez constituída a empresa, o emprendedor terá un prazo máximo de catro meses para abandonar a preincubadora.
n
nOs proxectos que se presenten a esta convocatoria poden ser individuais ou dun grupo cun máximo de catro membros, que necesariamente deberán estar matriculados na Universidade de Vigo en estudos de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, grao ou mestrado, ou ser titulados pola Universidade de Vigo no curso 2009/2010 ou posteriores. As ideas poden proceder de calquera das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade, como son Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura.
n
nViabilidade das ideas

n

nOs proxectos que se presenten á convocatoria avaliaranse atendendo, entre outros criterios, o seu carácter innovador, o seu nivel de desenvolvemento e a súa viabilidade; a posible creación de emprego e calidade e diversidade do mesmo; o potencial internacional; o aproveitamento de recursos dispoñibles; a sustentabilidade da iniciativa; o nivel de implicación real dos emprendedores e a responsabilidade social do proxecto. O proceso de selección terá dúas fases. Haberá unha primeira entrevista persoal a todos os candidatos realizada por un panel de expertos na que se avaliará a idea e a súa adecuación á convocatoria. Posteriormente unha comisión de selección estudará e avaliará os proxectos finalistas e escollerá aos gañadores.
n
nA través desta avaliación dos proxectos candidatos, os promotores da iniciativa queren axudar aos emprendedores a analizar as posibilidades de viabilidade real e futura da súa idea. “Para fomentar o espírito emprendedor no colectivo universitario é preciso dotalo dunha contorna de protección que permita maximizar as posibilidades de materialización das ideas en novos proxectos emprendedores, contribuíndo deste xeito á transferencia de coñecemento universitario cara a sociedade”, destacou Salustiano Mato. O reitor da Universidade de Vigo quixo por último animar aos universitarios a superar a barreira do medo a emprender e tamén a fracasar e asumir o risco controlado de emprender na preincubadora universitaria, onde van a ter o apoio de persoas e institucións que traballan día a día coa realidade do mundo empresarial.

n