A Preincubadora da Tecnópole dalles a benvida a tres novos proxectos de emprendemento innovador

A Preincubadora de empresas de base tecnolóxica promovida por Tecnópole e a Universidade de Vigo deulle hoxe a benvida a tres novos proxectos de emprendemento innovador. Os servizos especializados a pemes de exportación e importación, un novo concepto de bolsa ergonómica e unha plataforma de impulso do comercio local son as liñas de negocio que explotarán os tres equipos de universitarios desde os seus espazos no Centro de Empresas e Innovación (CEI) e no edificio Tecnópole I do Parque Tecnolóxico de Galicia.

n
n

 

n

No acto de presentación celebrado esta mañá participaron o vicepresidente da Tecnópole e director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, ademais dos tres equipos de emprendedores e de representantes da Cámara de Comercio de Ourense e da Confederación Empresarial de Ourense.

n

 

n

O director da GAIN felicitou aos novos inquilinos da Preincubadora pola súa iniciativa e destacou que o organismo do que é responsable intensificará os seus programas de apoio ao emprendemento innovador, un proxecto no que a Tecnópole terá un papel destacado. Ademais, fixo referencia á nova Lei do Emprendemento da Xunta de Galicia como un instrumento facilitador que dará un pulo moi importante a aspectos prácticos relacionados coa posta en marcha de ideas de negocio.

n

 

n

Por outra parte, Varela lembrou as liñas de financiamento mediante capital semente que xa están vixentes na actualidade e que priman o apoio a proxectos cun elevado compoñente de transferencia de coñecemento, referíndose ao Fondo de Investimento Xes-Innova e ao Fondo de Investimento I2C, con 2 e 10 millóns de euros dispoñibles para este ano, respectivamente.

n

 

n

Pola súa parte, o reitor da Universidade de Vigo destacou a importancia desta iniciativa porque ten por obxectivo favorecer o cambio da mentalidade nos estudantes universitarios cara ao espírito emprendedor, unha cultura escasamente implantada en España. Mato expuxo que para un emprendedor tan necesario é un espazo físico coma o apoio institucional, aspectos ambos os dous cubertos pola Preincubadora.

n

 

n

Produtos e servizos especializados

n

 

n

Samuel Álvarez e David Pérez, alumnos do Master en Creación, Dirección e Innovación na Empresa (CIDIE) da Uvigo, presentaron o seu proxecto ‘Bagup’, co que pretenden mellorar a experiencia dos consumidores en relación ás bolsas da compra. En concreto, trátase dun cilindro flexible e reutilizable que se acopla ás asas das bolsas para funcionar como agarradeira ergonómica, evitando o efecto “corte” das asas nas mans por culpa do peso da mercancía. Un dos aspectos que queren abordar no desenvolvemento do seu plan de negocio é a opción de fabricar o produto de maneira persoalizada, incorporando por exemplo a marca de establecementos comerciais.

n

 

n

Tamén no ámbito do comercio se desenvolve o proxecto de negocio dos enxeñeiros Sandra González e Diego Mazaira, que se instalan na Preincubadora para poñer en marcha ‘Tuofertalocal’. Trátase dunha plataforma web pensada para aglutinar a oferta de todo tipo de establecementos comerciais dunha mesma localidade. O obxectivo é ofrecer unha solución sinxela e asequible ao pequeno comercio para posicionarse en internet, ao tempo que lle permite ao consumidor ter nun único sitio web todas as opcións e promocións do comercio de proximidade. Ademais de por localidades, a oferta estará distribuída por produtos e servizos, permitindo o acceso a cupóns de desconto no primeiro caso e a compra online no segundo.

n

 

n

Por último, José Enrique Teijeiro, avogado e estudante de Historia, presentou ‘Fidex Track’, unha solución de seguridade informática, protección de datos e prestación de servizos de xestión documental para PEMES dedicadas á importación e exportación. Mediante ferramentas online específicas e asesoramento especializado a baixo custo, a empresa prestará servizos externos para pequenos negocios sen capacidade para contar con persoal propio dedicado a estas tarefas.

n

 

n

Espazo e asesoramento

n

 

n

A iniciativa da Preincubadora é froito da colaboración entre a Tecnópole e a Uvigo e está destinada ao desenvolvemento de iniciativas de base científico-tecnolóxica por parte da comunidade universitaria.

n

 

n

Os beneficiarios contarán a partir de hoxe con espazo e servizos de comunicacións gratuítos e asesoramento técnico especializado durante un período de seis meses prorrogable a un ano.

n

 

n

A área específica habilitada nas instalacións de Tecnópole para dar soporte a este tipo de iniciativas empresariais non só está pensada para proporcionar facilidades derivadas de instalacións físicas, senón que se proporciona aos seus promotores un programa de desenvolvemento de habilidades e ferramentas para conseguir o éxito no seu proxecto empresarial.

n

 

n

Ademais, os emprendedores seleccionados terán acceso gratuíto ás accións de formación da Cámara de Comercio e da Confederación de Empresarios.

n