A plataforma de moda TenEstilo innova dende Tecnópole co seu estilista virtual para a comercialización de primeiras marcas

A plataforma de moda www.tenestilo.com acaba de iniciar a súa traxectoria en Tecnópole cunha innovadora estratexia de vendas incentivada pola posta a disposición grauíta dun estilista virtual personalizado.

n
n

nNesta primeira tempada, TenEstilo presenta a selección de máis de 20 firmas, tres delas galegas. Os deseñadores Pedro Novo, Marga Prado e D-due son parte dun proxecto fundado pola galega María Antonia Otero Quintas e a canaria Alicia Feliciano Divasson.
n
nTenEstilo preséntase non só como un portal máis de moda online, senón como un modo diferente de comercializar a moda en internet, xa que permite identificar a combinación de garantías e accesorios que mellor se adaptan ás características morfolóxicas (estatura, medidas ou idade) de cada clienta e á natureza do evento especifico (traballo, ocio ou festa, entre outros) ao que teña que asistir.
n
nA posta en marcha da plataforma foi posible grazas á colaboración entre as estilistas e os enxeñeiros informáticos da empresa Ideit, tamén con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, da Facultade de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e do Centro de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela.
n
nEn palabras da ourensá María Antonia Otero, CEO de Ántali Technologies ", ademais de comprar baseándose en catálogo ou deseñadores, queriamos lograr unha experiencia no mundo online parecida á do mundo real. Pensamos que, para as mulleres, ir de compras é ocio, así que nos formulamos trasladar esta experiencia ao mundo online: xogar e probar coas súas medidas ver o que mellor lle vai, xogar, elixir e comprar,… É o que chamamos estilista virtual".
n
nÁs marcas galegas únense firmas de primeira liña como Anxo Schlesser, Roberto Torretta, Lydia Delgado, Farrutx, Lechienerrant, JV by Jorge Vázquez, Pepa Díez, Helena Rohner ou Marlota.
n
n(Fonte: TenEstilo)

n