A plataforma de ideas Ninktec prepárase para saír ao mercado desde a Preincubadora de Tecnópole

A plataforma de ideas Ninktec sairá ao mercado a primeiros de 2011 desde a Preincubadora de empresas que a Universidade de Vigo ten na Tecnópole, tal e como explicaron alí hoxe os seus fundadores. Tras gañar o I Premio ao Mellor Proxecto Empresarial do Máster de Creación, Dirección e Innovación na Empresa, Pablo Gutiérrez e os seus dous socios empezan agora a súa andaina empresarial, co obxectivo en mente de axudar a outros a emprender as súas propias ideas de negocio.
n

nt 

n"Ninktec é unha plataforma social, tanto física como virtual, de desenvolvemento de proxectos software, onde se encontran persoas que teñen ideas con persoas que saben e queren desenvolver produtos innovadores", subliñou Gutiérrez na presentación da empresa. Como axuda para este comezo, el, Alexandro Pereiro e Marcial Rodríguez contan cun niño na Tecnópole, que tamén lles ofrecerá asesoramento e apoio, e cun financiamento de 3000 euros procedente de Novacaixagalicia.
n

nt 

nA ubicación na Preincubadora de empresas da Tecnópole permitiralles, segundo Luisa Pena, directora, “non só o uso gratuíto dos seus servizos senón tamén estar con outras empresas que xa levaron a bo fin o seu proxecto empresarial”. Unha andaina que agora comezan eles e para a que María Victoria Jato, vicerreitora de Investigación e Transferencia da Universidade de Vigo, lles recomendou un gran compromiso coa innovación e Beatriz Fernández, responsable da Obra Social de Caixa Galicia, lles desexou toda a sorte. Durante o acto de presentación, María Lameiras, vicerreitora do Campus de Ourense, lembrou que o premio que eles recibiron se enmarca no compromiso da universidade cos emprendedores e salientou o valor engadido que ten Ninktec porque “non só eles mesmos son un proxecto empresarial, senón que axudarán a outros a desenvolver os seus propios proxectos”.
n

nt 

n

ntReparto de beneficios

n

nt 

nActualmente o proxecto de Ninktec atópase en fase de desenvolvemento e os seus promotores contan con lanzar a primeira versión do sistema no mes de febreiro, coincidindo co final de exames na universidade e coa finalidade de lograr así un maior éxito na búsqueda de membros para desenvolver proxectos. 
n

nt 

nA plataforma virtual será o seu principal escenario de traballo. En www.ninktec.com os usuarios que teñan unha proposta poderán rexistrarse, compartir as súas ideas cos membros da comunidade e pórse a traballar no seu desenvolvemento cos que efectivamente estean interesados. O obxectivo é segundo Pablo Gutiérrez “romper o medo a contar as ideas e impedir que acaben morrendo nun caixón por medo a que nolas copien”.
n

nt 

nComo modelo de negocio, a filosofía da comunidade é que a propiedade do produto final se divide entre todas as persoas que pertencen ao proxecto a través dun sistema de porcentaxes, co lema de que “a idea sen desenvolvemento só é unha idea e o desenvolvemento sen idea só son liñas de código”. Chegado o momento da comercialización do produto final, o propietario poderá facelo pola súa conta ou aproveitar os servizos de aloxamento e lanzadeiras de produtos de Ninktec.