Nos seus experimentos avaliouse a actividade cerebral de 50 persoas que tiñan adaptado un casco para poder facerlles un encefalograma mentres se lles mostraban unha serie de 500 imaxes. O resultado foi sorprendente, e permitiu identificar cada un dos participantes cun 100% de precisión baseándose nesa pegada cerebral.
Vantaxes claras fronte ás pegadas dactilares
Os responsables deste estudo xa publicaran unha primeira versión deste no que se estudaba a resposta a certas palabras e lográbase identificar un dos participantes cunha precisión do 97%.
A evolución do sistema foi notable e ese aumento para chegar ao 100% de precisión fai que o desenvolvemento poida ser aplicable a todo tipo de escenarios nos que a autenticación da identidade sexa un tema especialmente sensible.
Sarah Laszlo, unha das responsables do proxecto, explicaba que esa pegada non pode ser roubada, como si acontece no caso das pegadas dactilares. Cando alguén nos rouba esa pegada dactilar, iso comprométenos para sempre, posto que son sistemas biométricos “non cancelables”. No caso das pegadas cerebrais pode haber unha cancelación potencial que faría que esa pegada se “resetease” para reactivala con outro grupo de estímulos.
Non parece que este tipo de sistemas sexa aplicable a escenarios nos que a seguridade non sexa especialmente fundamental, así que non é probable que o vexamos -polo menos a curto prazo- en teléfonos móbiles. Non obstante a súa aplicación si podería ter moito sentido en ámbitos militares e científicos nos que as autorizacións de seguridade son moito máis sensibles.
(Fonte: Xataka)