n
n
O reinado do ordenador persoal, como o dispositivo de acceso social exclusivo, está a chegar a súa fin. Para o ano 2014, a nube substituirá o ordenador persoal no centro da vida dos usuarios dixitais, de acordo á investigación da consultora Gartner.
n
n
n
n
n
n
Eles afirman que a nube dará paso a unha nova era que ofrecerá aos usuarios un nivel de flexibilidade cos dispositivos que, de forma habitual, utilizan para as actividades diarias. Non obstante, este fenómeno levará as empresas a repensar a forma en que entregan aplicacións e servizos. O mundo está evolucionando, o xeito de facer informática tamén.
n
n
"As principais tendencias da informática orientada ao cliente desprazáronse dentro do mercado, a partir dun foco situado nos ordenadores persoais cara a unha serie de dispositivos que constitúen un abano máis amplo e que incorpora aos teléfonos intelixentes, as tabletas e outros dispositivos de consumo masivo,", afirma Steve Kleynhans, vicepresidente do grupo de investigación de Gartner. "Os novos servizos na nube persoal converteranse no nexo encargado de conectar os dispositivos que os usuarios elixan para acceder á rede".
n
n
Os últimos dous anos foron un remuíño no espazo da informática orientada ao cliente, deixando a moitas empresas preguntándose a si mesmas cal será a próxima tendencia e como se verá o universo informático nun futuro próximo, dentro de só 5 anos. "Moitos chaman a esta época como A era post PC (despois do ordenador), pero en realidade non se trata de saber que acontecerá despois do ordenador, senón de intentar comprender (por adiantado) o novo estilo de computación persoal, que leva aos individuos a utilizar a informática en formas fundamentalmente novas, na busca de mellorar múltiples aspectos do seu traballo e vida persoal,", di Kleynhans. Existen varios "fíos condutores" que se combinan para levar no sentido desta nova era. Estas poderosas tendencias (mega-tendencias) teñen raíces que se estenden cara a atrás, a través da última década, pero estanse alineando nunha nova forma, nun novo sentido.
n
n
Tendencia 1: a estandarización
n
n
Gartner analizou o movemento económico das empresas de tecnoloxía informática durante a maior parte da última década, e viu o forte crecemento destas a través de diversos aspectos en todo o mundo. Non obstante, moito disto foi simplemente a antesala ou o preludio da grande onda que está empezando a afianzarse en todos os aspectos da tecnoloxía da información, a través de varios factores clave que se unen:
n
n
-Os usuarios desta época son máis coñecedores da tecnoloxía e teñen expectativas moi diferentes respecto a hai algúns anos atrás.
n
n
-Os medios de comunicación masivos tales como Internet e as redes sociais, deron "poder" e alzaron a voz dos usuarios.
n
n
-O auxe de potentes dispositivos móbiles que hoxe son de doado acceso para o peto do usuario medio, cambiou a ecuación a favor dos usuarios.
n
n
-Os usuarios convertéronse en innovadores.
n
n
-A través da democratización da tecnoloxía, os usuarios de todo tipo e condición, agora comparten a mesma tecnoloxía, é dicir, son iguais ante a posibilidade de comprar o mesmo produto.
n
n
Tendencia 2: a virtualización
n
n
A virtualización mellorou a flexibilidade e o aumento das opcións sobre como as organizacións de tecnoloxías informáticas poden implementar novos ámbitos de traballo para o cliente. A virtualización, en certa medida, liberou aplicacións escravas das limitacións e restricións de dispositivos individuais, sistemas operativos ou mesmo arquitecturas de procesador. A virtualización ofrece un xeito de mover o legado de aplicacións e procesos desenvolvidos durante a época de esplendor do ordenador persoal cara a adiante no novo mundo emerxente. Porque non se trata dalgúns países; todo o mundo é emerxente nesta materia. Isto proporciona a posibilidade de que dispositivos móbiles, con características de baixo consumo de enerxía, teñan acceso a traballar con programas que antes eran exclusivos dos procesadores de potencia de procesamento moito maior, incrementando deste modo a súa utilidade.
n
n
Tendencia 3: app-ficación (tendencia cara ás aplicacións)
n
n
Esta tendencia orixínase cando a forma en que as aplicacións están deseñadas, entregadas e consumidas polos usuarios (App Store ou Google Play Store), xera un cambio radical, que provoca un impacto dramático en todos os demais aspectos do mercado de software. Estes cambios tamén orixinan unha profunda alteración en como as aplicacións se escriben, desenvolven e venden, respecto ao que historicamente se realizaba nos ámbitos corporativos. Calquera aplicación se pode expoñer en múltiples formas e plataformas, á vez que se pode utilizar en diferentes situacións polo usuario.
n
n
Tendencia 4: autoservizo na nube
n
n
Coa chegada da nube, onde dos usuarios individuais teñen acceso a todo tipo de servizos ao instante e ao alcance da súa man, se abre todo un novo nivel de oportunidades. Cada usuario, agora pode ter un conxunto escalable e case infinito de recursos dispoñibles para o que debe, quere ou desexa facer. As actividades dixitais dos usuarios son moito máis autodirixidas que nunca. Os usuarios demandan a posibilidade de tomar as súas propias decisións acerca das aplicacións, servizos e contidos. Isto fomenta unha cultura de auto servizo que os usuarios esperan en todos os aspectos da súa experiencia dixital. Agora, os usuarios poden almacenar o seu espazo de traballo ou a súa personalidade dixital en forma virtual ou en liña.
n
n
Tendencia 5: onde e cando queiras
n
n
Hoxe en día, os dispositivos móbiles combinados coa nube, poden cumprir a maioría das tarefas de computación e calquera vantaxe ou desvantaxe se ve compensada nas mentes dos usuarios pola comodidade e a flexibilidade que ofrecen estes dispositivos. A aparición de experiencias máis naturais no manexo da interface de usuario favorece tamén á mobilidade e a practicidade que isto representa. O recoñecemento táctil e xestual, xunto coa identificación da fala e o coñecemento contextual, permiten unha rica interacción entre o usuario e os dispositivos cun nivel moito maior de liberdade. En calquera punto no tempo e dependendo da situación, calquera dispositivo dado xogará un papel principal (ou rol fundamental) dentro da súa inserción no mundo que o rodea.
n
n
"A combinación destas poderosas tendencias, xunto cos avances que permiten as novas tecnoloxías, está a marcar o comezo da era da nube persoal", di. Kleynhans. "Neste novo mundo, os detalles dos dispositivos vólvense menos importantes e brindan menos razóns polas que se preocupar. Os usuarios poderán utilizar un conxunto de dispositivos, entre eles o ordenador tradicional, que segue sendo unha de moitas opcións, pero o eixe principal non será un só dispositivo. Pola contra, a "nube persoal" asumirá ese papel fundamental. O acceso á nube e o contido almacenado ou compartido nela, será xestionado e asegurado. Alí estará o foco do usuario, en lugar de centrarse só nos dispositivos propiamente ditos, como acontecía hai apenas un par de anos atrás".
n
n
(Fonte: ABC)
n
n
n
n