O 48,9% das empresas tecnolóxicas de Galicia con dez ou máis persoas empregadas realizaron actividades innovadoras no período 2018-2020, segundo os datos da enquisa de innovación e I+D realizada polo Instituto Nacional de Estatística. No conxunto do tecido empresarial, a porcentaxe de empresas innovadoras foi dun 22,5%.
Entre as empresas do hipersector TIC que realizaron innovacións, informou a Xunta, no 89,1% dos casos eran innovacións tecnolóxicas de produto e as 91,5% innovacións tecnolóxicas de proceso. O gasto en innovación en Galicia do hipersector TIC ascendeu neste período a máis de 118 millóns de euros, dos cales o 71,7% está destinado a I+D interna.
Ademais, o 34,7% das empresas do hipersector TIC innovadoras declaran que as súas actividades innovadoras tiveron impacto na cifra de negocios, das cales, o 9,6% son innovacións no mercado e o 25,1% só para a propia empresa.
Estes datos foron recollidos nos estudos “Galicia dixital. O hipersector TIC en Galicia” e “Galicia Dixital: O sector TIC de Galicia”, publicados polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica.
Fonte: El Ideal Gallego