A maior feira científica que se ten celebrado ata o de agora en Galicia deu comezo esta tarde co acto de inauguración, no que o director xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, lles deu a benvida aos responsables dos 112 proxectos que competirán durante toda a fin de semana polo premio final. ‘Ciencia en Acción’ chega á súa XI edición en Santiago de Compostela, a cidade que, en dura competencia con Barcelona e Valencia, se fixo coa condición de anfitriona do que é o maior certame de divulgación científica de fala hispana e portuguesa.
n
nA previsión de asistencia ao evento, que durará ata o domingo día 3, supera as 15.000 persoas. Grazas ao patrocinio do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) a entrada será gratuíta, a diferencia doutras edicións anteriores do certame. O IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela será o primeiro centro de ensino que lle dará acollida.
n
nCapilla felicitou aos participantes polo esforzo realizado, sobre todo tendo en conta que tiveron que competir máis que nunca para gañar a súa praza. “Douvos as grazas por axudarnos a seguir batendo récords porque, ademais de que estamos acollendo máis turismo que en ningún Ano Santo, nesta edición de Ciencia en Acción recibíronse case o dobre de proxectos do habitual en anos anteriores”, dixo, en referencia ás 380 propostas recibidas en total pola organización, o maior número na historia do certame.
n
nOs proxectos, xa expostos en stands por todo o instituto galego, proceden de toda España, Portugal, Arxentina, Uruguay, Colombia e México e teñen como elemento central unha idea innovadora que presenta a ciencia e a tecnoloxía de xeito atractivo para a cidadanía e mostra a súa importancia para o progreso da sociedade e o benestar.
n
nO director xeral de I+D+I remitiuse na súa intervención á economía do coñecemento entendida como posta en valor das ideas para gañar en competitividade “porque é un termo que resume moi ben o compromiso que a Xunta de Galicia e, en particular, a Consellería de Economía e Industria, está asumindo de maneira prioritaria e que ten o seu futuro máis prometedor en xente coma vós, cheos de ideas e de iniciativa”, asegurou dirixíndose aos participantes. Así, animounos a seguir por este camiño en calidade de “canteira de talentos innovadores, un capital que podedes crer que hoxe por hoxe nos fai falta máis que nunca en todo o mundo”. Ademais, lembrou a próxima celebración da maior feira científica galega, a ‘Galiciencia’, no Parque Tecnolóxico de Galicia a finais de novembro, un certame financiado por Economía e Industria como parte do seu compromiso coa divulgación da I+D+I.
n
nEsforzo conxunto
n
n‘Ciencia en Acción’ é un programa organizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnológica de Portugal (Ciência Viva), a Real Sociedad Española de Física (RSEF), a Sociedad Geológica de España (SGE) e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), co apoio da UNESCO, entre outros organismos. No acto de inauguración participaron representantes destas entidades xunto co director xeral de xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación, José Manuel Fernández de Labastida.
n
nO concurso contempla 16 modalidades e un premio de 1.500 euros para o gañador en cada unha delas. Ademais, os equipos españois participantes competirán para representar ao país na final europea, que se celebra en Copenhague na primavera de 2011. Ademais da exposición e concurso de proxectos, haberá representacións teatrais e unha gran experiencia ao aire libre que terá lugar o domingo na Alameda de Santiago.
n
nNo certame celebrarase tamén o concurso internacional ‘Adopta unha estrela’, no que poderán participar grupos de alumnos non universitarios coordinados por un profesor. O obxectivo é espertar e fomentar o interese dos máis novos polo mundo da Astronomía.
n
- Home
- Actualidade
- A maior feira científica da historia de Galicia comeza en Santiago co apoio de Tecnópole
A maior feira científica da historia de Galicia comeza en Santiago co apoio de Tecnópole
- Venres 1 Outubro 2010