A licitación electrónica chega á Xunta de Galicia

A Administración galega puxo en marcha o sistema de licitación electrónica, co que as empresas poderán presentar as súas ofertas aos concursos públicos por vía telemática. Trátase dun paso máis no camiño cara a unha xestión pública máis innovadora e eficiente.

n
n

 

n

A Consellería de Facenda, responsable da iniciativa, destacou os "bos resultados" logrados co Sistema Electrónico de Facturación e indicou que, como no anterior, a plataforma se irá ampliando progresivamente nas diferentes consellerías.

n

 

n

O funcionamento do Silex comeza cos cinco expedientes xa publicados para a súa licitación, que se refiren ao servizo para o desenvolvemento dos procesos e a realización dos traballos de actualización e valoración de certos bens da Comunidade Autónoma de Galicia; ao servizo de análise e deseño de novas funcionalidades no sistema de información de xestión contable e presupostaria; ao de información tributaria; ao de información de nómina e ao de información de xestión económica financeira do persoal.

n

 

n

O departamento que dirixe Marta Fernández Currás subliñou que este sistema supón "un novo paso na aposta do Goberno galego por unha administración máis áxil, eficiente, moderna e próxima á realidade das empresas e cidadáns".

n

 

n

Ademais, afirmou Facenda, o sistema conta "coas máximas garantías de confidencialidade e seguridade" para as empresas, pois non vulnera o principio de segredo das ofertas, que non se coñecerán ata o momento da súa apertura nas correspondentes mesas de contratación.

n

 

n

(Fonte: Innovamás)

n