A Lei de Áreas Empresariais de Galicia aprobarase en setembro

A Lei de Áreas Empresariais de Galicia, que actualmente se atopa en tramitación parlamentaria, someterase ao debate de aprobación definitiva no Parlamento o vindeiro mes de setembro. Coa súa entrada en vigor, espérase reducir a un máximo de nove meses o prazo para completar o asentamento de novos espazos industriais na Comunidade, incluída a súa urbanización e todo o necesario para o inicio da actividade. O trámite pode chegar actualmente até os 20 meses.

Outra das novidades que inclúe esta Lei de Áreas Empresariais de Galicia é a creación de reservas estratéxicas de solo “para que as empresas que nun momento determinado se queiran vir a Galicia non teñan que asumir toda a longa tramitación da modificación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) ou dunha nova modificación do Plan Sectorial de Áreas de Galicia” -salientou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez-.

Estas reservas funcionarán como “bolsas de solo que podemos ubicar no territorio para ter a dispoñibilidade das empresas”. Vázquez agregou que haberá cambios tamén no que respecta aos plans estruturantes, que gozarán de maior axilidade.

Fonte: La Región