A Intelixencia Artificial, clave para a dixitalización empresarial

A Intelixencia Artificial converteuse en clave para a dixitalización das empresas. Así se pon de manifesto no segundo “Mapa de empresas que impulsan a Intelixencia Artificial en España” elaborado por Iberinform, en colaboración con AI-Network e BigData Magazine. De acordo con este informe, o número de provedores de solucións de IA medrou un 16% con respecto ao ano anterior. A maioría destas empresas, isto é, un 73% delas, son de capital español.

Bots e sistemas autónomos

De acordo coa análise de Iberinform, son na súa maioría empresas cunha boa saúde financeira. En canto aos servizos que adoitan ofrecer estas empresas, a análise amosa que un 42% desenvolve redes neuronais que emulan o xeito en que o cerebro humano procesa a información, mentres que un 33% procesa linguaxe natural, que investiga a maneira de comunicar máquinas e persoas mediante o uso de linguas naturais.

Por outro lado, estas empresas tamén ofrecen outros servizos como os sistemas expertos, nun 26% dos casos; os asistentes virtuais e bots, nun 25% das empresas; a investigación operativa para a reasignación de recursos, tamén noutro 25%; a visión artificial, un 25%; os RPA, nun 18% dos casos; ou os drons intelixentes, tamén nun 8%.

Así, o informe advirte que o impacto da onda de transformación tecnolóxica dos vindeiros anos “será probablemente maior que o que provocou a primeira revolución industrial; por iso, é importante que os líderes empresariais sexan conscientes de que aquelas empresas que non sexan capaces de adaptarse a este novo contexto non sobrevivirán”.

Fonte: Cinco Días