Máis de 150 empresarios e investigadores de toda Galicia daranse cita na Tecnópole para practicar a innovación aberta durante o encuentro que se celebrará este próximo vendes día 22 e cuca inscrición se pechou por límite de aforo.
n
n
nA través de estímulos sensoriais, o evento permitirá aos asistentes interrelacionarse e compartir coñecementos e oportunidades para colaborar en proxectos innovadores. O encontro contará coa participación do director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela.
n
nO evento forma parte do programa '5 Sentidos para Innovar', que comezou en 2012 cunha primeira fase limitada ás 90 empresas e centros de coñecemento instalados en Tecnópole e que, ante o éxito obtido, agora se abre a entidades de toda Galicia. A orixinal formulación dos encontros que centran a iniciativa mereceu o apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), que a apoia no marco do seu Programa de Fomento da Cultura Científica e da Innovación.
n
nA dinámica do evento toma como argumento de partida que é preciso agudizar os cinco sentidos para innovar de forma colaborativa, o que á súa vez dá lugar a un 'sexto sentido' orientado especificamente á innovación. Para logralo, habilitarase unha sala polivalente con recursos novidosos e distribuído en cinco espazos, cada un deles especificamente ambientado para estimular cada un dos sentidos e fomentar o coñecemento mutuo entre as empresas participantes co obxectivo de identificar alianzas baseadas na innovación.
n
nOs participantes poderán escoitar a experiencia de empresas de diferentes sectores no ámbito da innovación aberta, que implica que os procesos de innovación saian dos departamentos de I+D das empresas para dar lugar a dinámicas baseadas na colaboración. Esta fórmula estase a promover como unha solución en tempos de crise, xa que permite compartir os custos da innovación entre empresas sen quitar que os resultados lles permitan competir entre elas.
n
nNesta liña, responsables de Google, R e Galicia Mar Renovables exporán as súas experiencias e animarán aos asistentes a pensar diferente para innovar e ser máis competitivos. A eles sumaranse representantes de sete empresas de Tecnópole, que explicarán cales son as fortalezas das súas organizacións en termos de innovación e o que os diferenza para ser máis competitivos.
n
nPor outra banda, formularanse retos por parte de expertos en innovación para estimular a creatividade por parte dos asistentes, que serán animados a presentar propostas de solución. Ademais, haberá un showroom no que as empresas de Tecnópole mostrarán os seus produtos máis innovadores ao resto de participantes procedentes doutros puntos de Galicia.
n
n(Fonte: Tecnópole)