As dúas compañías anunciaron que están a traballar en maletas con conectividade sen fíos que farán que os nosos paseos con ela pola rúa ou o aeroporto sexan máis seguros. De momento, xa falaron dunha función que seguro moitos están a desexar ter: poder facturar a maleta segundo pasades pola porta e sen necesidade de pasar polo mostrador.
Se Samsung e Samsonite cumpren co prometido, cando usemos unha das súas maletas poderemos facer check-in automaticamente. Grazas a un sensor calcularase o peso e grazas á información do número de voo no móbil encargarase de pechar o proceso. Iso si, teremos que levala á cinta transportadora igualmente, non todo o vai facer ela.
Ademais desta función, tamén será posible poñer un aviso para que se perde a sincronización co móbil se active unha alarma (para evitar que nola rouben por exemplo). Tamén será posible ver a posición por GPS, en caso de extravío.
Outra tecnoloxía que se deu a coñecer, isto vén pola vía de Samsung, é un sistema motorizado que permita á maleta seguirnos sen necesidade que tiremos delas. Tendo en conta o grande e pesado que pode chegar a ser (sen esquecernos a autonomía) non parece que sexa unha tecnoloxía viable a curto prazo.
Normalmente, e isto é unha opinión persoal, non estou a favor de engadir conectividade a todos os obxectos que temos pero se ambas as dúas compañías conseguen unha maleta que se facture soa e que poida localizala por GPS, conseguirán que xubile sen pestanexar a que utilizo agora mesmo.
(Fonte: xataka)