Na actualidade só a electricidade utilizada polos reflectores do estadio de Wembley, durante un partido no mítico estadio londiniense, equivale a que un espectador vexa 20.936 partidos de fútbol por televisión.
Dende hai algúns anos, os arquitectos, deseñadores, enxeñeiros e ecoloxistas repensaron radicalmente os estadios, para adaptalos ás recomendacións ambientais e ao concepto da cidade intelixente.
En ámbitos nos que a tecnoloxía da información e as comunicacións (TIC) e o Internet das cousas (IoT) desempeñarán papeis cada vez máis preponderantes, os estadios converteranse en provedores, así como en consumidores, plantas de xeración, almacenamento e transferencia de enerxía, que se utilizarán noutros lugares.
Ámsterdam Arena
Unha das maiores innovacións e mellores exemplos dun estadio que se integra no concepto da cidade intelixente, é o mundialmente famoso Amsterdam ArenA, sede do lendario equipo holandés, o Ajax.
Nissan, a compañía de xestión de enerxía Eaton e The Mobility House desenvolveron un sistema de almacenamento de enerxía, que fai que a xestión enerxética do Ámsterdam Arena sexa máis eficiente, sostible e fiable.
Para iso empregan 280 baterías recicladas, do coche eléctrico modelo Leaf que por agora se utilizan como reserva; o plan é que finalmente substitúan os xeradores diésel, proporcionando catro megavatios de potencia e outros catro de capacidade de almacenamento.
A tecnoloxía para operar o sistema nesta complexa instalación foi desenvolvida por The Mobility House e ademais de prover de electricidade ao estadio, espera poder dar luz veciñanza circundante e protexer a rede dos apagamentos, proporcionando unha enorme vantaxe na sustentabilidade e converténdoo no primeiro estadio do mundo que non usará combustibles fósiles.
Allianz Rivera
No estadio do Niza, Francia non só se fará uso dunha planta fotovoltaica de enerxía, que consta de 4000 paneis solares que cubrirán todas as súas necesidades, senón que se fará un emprego sustentable desta .
O estadio ten unha infraestrutura de madeira, un material respectuoso co Medio, mentres que un sistema de ventilación canaliza o vento a través da estrutura para refrescalo naturalmente e o teito do estadio recupera e almacena a auga de chuvia, que máis tarde se utiliza para regar o terreo de xogo.
Sports City Stadium
Construirase na costa oriental de Doha para a Copa do Mundo de Qatar en 2022 e propón unha solución enxeñosa: a enerxía dunha granxa solar quentará a auga, que logo se transportará a un tanque de almacenamento.
Esta auga quente correrá a través dun arrefriador de absorción noutro tanque que bombeará aire a unha temperatura fixa e acondicionará o interior do estadio e manténdoo a non máis de 26º C
(Fonte: Agencias)