Ametic subliñou que o maior investimento TI durante o pasado ano procedeu das medianas e grandes empresas, mentres que o sector público padeceu de certa parálise. A patronal tamén destacou a necesidade de que a Administración xogue un papel máis relevante neste crecemento, tanto como investidor en tecnoloxías da información como dinamizador impulsando o desenvolvemento da sociedade dixital e contribuíndo a que esta aceleración continúe.
“En liñas xerais, produciuse unha recuperación do sector debido, fundamentalmente, ao consumo privado e ao investimento empresarial”, resaltou Ametic, que engadiu que “se ben é certo que a incerteza política dos uÏltimos meses de 2015 pode frear un maior crecemento, non é desdenfiable o investimento das Administracións públicas e as políticas tractoras definidas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo”.
Por segmentos, os ingresos do hardware aumentaron un 7,3% o pasado ano, ata os 4534 millóns de euros, mentres que os do software subiron un 3,4%, ata os 2992 millóns de euros. A facturación do segmento servizos subiu un 7,4%, ata os 15.168 millóns. Ametic resaltou igualmente que o emprego no sector aumentou nun 1,8% en 2015.
Respecto ao consumo particular, a patronal tecnolóxica indicou que o descenso do IPC, o menor custo hipotecario e a necesidade de renovar os dispositivos poderían explicar o impulso rexistrado o pasado ano, aínda que asegurou que “isto se deberá constatar cos resultados que resulten do 2016”. Malia os bos datos da industria TI durante o pasado exercicio, Ametic quixo fuxir de toda euforia e asegurou que aínda “queda camiño por percorrer e potencial para acelerar este crecemento en próximos exercicios”.
(Fonte: Cinco Días)