A industria farmacéutica mantense como o sector industrial que máis inviste en I+D, con gran distancia sobre o resto e malia a crise, segundo datos recollidos no último Boletín de Conxuntura do Mercado do Medicamento en España que elabora mensualmente Farmaindustria.
n
n
nUnha quinta parte (20,2%) de todo o investimento en I+D realizado polo conxunto de sectores industriais españois lévase a cabo polas compañías farmacéuticas, un dato moi relevante se se ten en conta que a súa cifra de negocio supón unicamente o 2,4% do total nacional.
n
nAdemais, o liderado da industria farmacéutica en I+D non se limita ás cifras de investimento absoluto, senón que "tamén é o sector industrial que máis emprego xera" nesta área".
n
nO boletín, que se fai eco dos últimos datos de I+D publicados polo INE, corrobora a relación positiva existente entre ingresos das compañías farmacéuticas e o seu investimento en I+D. Así, no período 2009-2012, mentres os ingresos das empresas por vendas no mercado público caeron unha media do 7,9% ao ano, a I+D farmacéutica creceu o 1% anual de media.
n
nEste dato, engaden, "contrasta coas fortes subas do gasto en I+D farmacéutica de anos anteriores (10,6% de media ao ano) que se producían cando a taxa de crecemento dos ingresos das compañías era positiva".
n
nEstancamento do gasto
n
nPor outro lado, no seu boletín a patronal da industria farmacéutica destaca que o consumo de receitas, "compoñente que está a determinar a evolución do mercado farmacéutico nos últimos anos", empezou a mostrar unha tendencia máis contida que os picos que caracterizaron a súa evolución en taxa anual nos últimos catro meses, o que lles fai prever "unha redución da taxa de crecemento aínda maior nos próximos meses".
n
n"As taxas anuais de variación de gasto farmacéutico e número de receitas do período xuño-setembro non podían considerarse bos predictores do comportamento futuro destas variables por motivos puramente estatísticos relacionados co cambio do esquema de copagamentos farmacéuticos e o desfinanciamento de medicamentos que entraran en vigor un ano antes", explican.
n
nAdemais, a taxa de variación de gasto e receitas do mes de outubro viuse positivamente afectada polo que en estatística se coñece como 'efecto calendario'', xa que este ano a festividade do 12 de outubro caeu en fin de semana, mentres o ano anterior caeu entre semana.
n
nAsí, se se corrixen consumo de receitas e gasto farmacéutico polo número de días laborables de cada mes observan que "o consumo diario de receitas en outubro de 2013 foi de 3,294 millóns, só un 0,2% superior ao do mesmo mes de 2012, con 3,287 millóns de prescricións," e que "o gasto farmacéutico en outubro de 2013 foi de 35,1 millóns de euros por día laborable (luns-venres) fronte a 34,9 millóns de euros de gasto farmacéutico en outubro de 2012, só un 0,6% máis".
n
nPolo tanto, estes datos mostran "a tendencia de estancamento ou lixeira caída que poden experimentar o consumo de receitas e o gasto farmacéutico a medio prazo" e, conclúen, revelan tamén que "o gasto medio por receita segue evolucionado de forma moi plana, con taxas de crecemento anual próximas a cero, sen que se prevexan cambios significativos nos próximos meses, ata que entre en vigor a nova Orde de Prezos de Referencia.
n
n(Fonte: Europa Press)